Carmen Cuevas, de 11 anos e que naceu en Ames, vén de superar a fase de audicións a cegas do concurso La Voz Kids 2024 que emite Antena 3. A rapaza amesá interpretou “Tu falta de querer” de Mon Laferte.
Os catro coaches Melendi, Rosario Flores, David Bisbal e Lola Índigo deron a volta interesados en que Carmen formase parte do seu equipo. Finalmente, Carmen elixiu formar parte do equipo de Lola Índigo.
Carmen Cuevas gañou en 2021 a primeira edición do concurso Canta con Ames, na categoría infantil, organizado pola Concellaría de Promoción Económica. Carmen Cuevas, que ten 11 anos de idade e naceu en Ames, aínda que actualmente non reside no noso concello, participou na fase de audicións a cegas do concurso La Voz Kids 2024 que emite Antena 3.
A rapaza amesá interpretou “Tu falta de querer”, de Mon Laferte, e conseguiu un pleno, xa que os catro coaches (Melendi, Rosario Flores, David Bisbal e Lola Índigo) deron a volta interesado en que Carmen formase parte do seu equipo.
Finalmente, Carmen elixiu formar parte do equipo de Lola Índigo, que se estreou este ano como coach de La Voz Kids. Ata o e agora o equipo de Lola Índigo está composto por Carmen Cuevas, Cristina Falcón, Astrid, Luis Rodríguez, Eugenia e Gisela. Deste xeito, Carmen accede ao concurso de La Voz Kids despois de superar a fase de casting e maila fase de audicións a cegas.