A Deputación presenta o congreso de turismo gastronómico ‘Degusta A Coruña, a provincia que sabe'

O congreso, que busca pór en valor o talento, a sustentabilidade e a calidade do sector gastronómico galego, terá parte das súas xornadas abertas ao público, requirindo inscrición previa e gratuíta na web www.degustacoruna.gal.
A Deputación presenta o congreso de turismo gastronómico ‘Degusta A Coruña, a provincia que sabe'
Presentación do proxecto

O restaurante A Tafona de Compostela acolleu onte a presentación da primeira edición do congreso de turismo gastronómico ‘Degusta A Coruña, a provincia que sabe’, que se celebrará do 28 ao 30 de outubro de maneira itinerante por varias localidades da provincia: Fene, Betanzos, Padrón, Boiro, A Coruña e Carballo. O congreso, presentado polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, ten como obxectivo destacar a excelencia da cadea agroalimentaria coruñesa.

 

O evento contará coa participación de chefs Estrela Michelín como Lucía Freitas, do restaurante A Tafona, e Luis Veira, do Árbore da Vieira, xunto a grandes empresas como Estrella Galicia, Gadisa e Xanceda. Tamén estarán presentes organizacións máis pequenas pero clave, como A Despensa D’Lujo, A Conserveira e Galmesán, consideradas a “esencia” do proxecto.

 

Ao longo das tres xornadas, o congreso servirá como escaparate de produtos locais e sostibles, integrando tanto grandes corporacións como pequenas empresas do sector primario e da restauración. As actividades incluirán mesas redondas, relatorios e visitas guiadas a espazos emblemáticos como a Confraría de Barallobre en Fene e as pesqueiras do río Ulla en Padrón.

 

 

A Deputación presenta o congreso de turismo gastronómico ‘Degusta A Coruña, a provincia que sabe'

Te puede interesar