Estes son os cinco concertos gratuítos que ofrecerá Santiago no próximo mes

O primeiro será o de Xisco Feijóo este xoves ás 20.00 horas no CSC do Ensanche
Estes son os cinco concertos gratuítos que ofrecerá Santiago no próximo mes
Xisco Feijóo en concerto

O Concello anunciou onte a programación prevista para ‘No campo de fóra’, un festival gratuíto organizado pola escola de música A Central Folque que se levará a cabo en cinco casas culturais da cidade.


A primeira das actividades terá lugar este xoves ás 20.00 horas no centro do Ensanche. 


Alí, Xisco Feijóo presentará ‘Traede ferrallada’, un interesante espectáculo que, como explicou o representante da entidade organizadora, “está pensado máis para a participación do público que para escoitar”.


En maio están previstos outros catro concertos no marco da iniciativa. O primeiro, o día 2, será ‘Para Bailare!’, da man de Tralo-Valo no CSC do Romaño.


Dous días despois, ás 12.00 horas, será o turno da Cidade Histórica, o Grupo de Música Antiga 1500 e o seu show ‘Do divino e o mundano’.


Xa para a seguinte semana, o venres 10, Iván Vilela impartirá de xeito solista no centro da Trisca un concerto coa viola caipira, da que é considerado un virtuoso.


‘No Campo de fóra’ despedirase o 14 de maio no CSC da Rocha e o cuarteto Aksak, un proxecto local que fusiona a música galega e a turca. 

 

 

Paseos musicais
 

O ciclo "No campo de fóra" complétase con dous paseos musicais que tamén están previstos para o mes de maio. O día 21, haberá un roteiro sobre músicas de Compostela guiado por Richard Rivera; e o 29 de maio Andrés Díaz será o encargado dun roteiro que leva por lema "O patrimonio musical dunha cidade educativa".

Todas as actividades do programa "No campo de fóra" son de balde, pero é recompendable facer a preinscrición na web folque.com, habida conta do aforo limitado dos espazos.

Cartel no campo de fora
Cartel oficial

Estes son os cinco concertos gratuítos que ofrecerá Santiago no próximo mes

Te puede interesar