Santiago acoge la próxima semana el Congreso Anual de Seguridade Industrial

Santiago acoge la próxima semana el Congreso Anual de Seguridade Industrial

A Consellería de Economía e Industria, en colaboración co Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), celebrarán os vindeiros días 6 e 7 de novembro, en Santiago, o Congreso Anual de Seguridade Industrial.


Este encontro desenvólvese no marco do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta e o ICOIIG, dentro do programa extraordinario de medidas en materia de seguridade industrial que a Xunta está levando a cabo neste ano 2024 para fortalecer este ámbito con actividades de fomento e difusión. O obxectivo é concienciar e sensibilizar sobre a importancia desta área de actuación.


Ao longo das dúas xornadas debaterase sobre solucións tecnolóxicas para a mellora da seguridade industrial, o uso da Intelixencia Artificial, os plans de emerxencias en instalacións críticas, casos de éxito e normas e regulamentos nas empresas.


Entre outros, intervirán nas diferentes mesas redondas representantes de empresas como o Hijos de Ribera, Grupo Naturgy, Repsol Butano, Ascensores Enor, FuVex, así como a Asociación Galega de Organismos de Control Autorizados, a Asociación de Instaladores de Galicia, o Instituto Tecnolóxico de Galicia, Tecnalia e diferentes departamentos da Xunta.

Santiago acoge la próxima semana el Congreso Anual de Seguridade Industrial

Te puede interesar