A Escola de Escritoræs lanza en Bertamiráns o obradoiro literario "A cegueira intrépida", con Carlos Negro

A Escola de Escritoræs lanza en Bertamiráns o obradoiro literario "A cegueira intrépida", con Carlos Negro

Do 20 de setembro ao 13 de decembro de 2025, a Escola de Escritoræs da AELG ofrecerá en Bertamiráns (Ames) o obradoiro de creación literaria A cegueira intrépida (achegamentos ao texto poético), conducido polo recoñecido poeta Carlos Negro e cunha sesión especial a cargo da escritora Tamara Andrés.

 

A actividade desenvolverase na Libraría Bandini (Avenida da Peregrina, 3), espazo colaborador desta iniciativa subvencionada pola Deputación da Coruña.

 

O obradoiro propón unha inmersión na escritura poética non desde a procura de respostas, senón desde a escoita e a sorpresa. Non se trata de aprender a escribir, senón de desaprender certezas para abrir paso ao inesperado: permitir que a linguaxe saia de si mesma e se converta en experiencia, irradiación e asombro. Un convite a deixarse guiar pola poesía como tacto no escuro, como chispazo que acontece no branco.

 

A actividade está dirixida a persoas maiores de 16 anos, con 15 prazas dispoñibles. A inscrición é gratuíta e pode realizarse enviando nome e apelidos, xunto ao nome do obradoiro, ao correo oficina@aelg.org. As prazas cubriranse por orde de chegada das solicitudes.

 

Calendario do obradoiro:

Sábados, de 11:00 a 13:00 h

Setembro: 20 e 27

Outubro: 4, 18 e 25

Novembro: 8, 15, 22 e 29

Decembro: 13

 

Unha oportunidade única para explorar o poder do poético da man de dúas voces destacadas da literatura galega contemporánea.

A Escola de Escritoræs lanza en Bertamiráns o obradoiro literario "A cegueira intrépida", con Carlos Negro

Te puede interesar