Imos con présas e sentimos que non chegamos a todo. A falta de tempo é unha realidade para miles de persoas que apenas atopan oco para atender os múltiples cometidos do día a día. Neste contexto é habitual deixar de lado o propio benestar: coidámonos menos, non facemos deporte, non dedicamos tempo ao ocio e comemos mal.
Fronte a esta situación hai persoas que tratan de buscar solucións. Antón Penas reparou na dificultade que ás veces supón un labor tan básico como o de facer a comida e decidiu crear Täpper, unha empresa que se dedica á elaboración e envío de menús saudables e variados para toda a semana.
Täpper botou a andar hai pouco máis dun ano. Comezaron cunha pequena neveira nunha gasolineira apartada e, ao pouco, abriron dúas tendas físicas, unha en Santiago de Compostela e a outra en Padrón. Na actualidade consérvase esta última co engadido de que a comida pode viaxar a calquera punto do país. A principios de semana, os clientes reciben os seus pratos preferidos de xeito que se esquecen de pensar en que comer e de cociñar. Todo iso sen abandonar a fortuna de saborear receitas frescas e de calidade.
O funcionamento é sinxelo, a través dun sistema de subscrición o usuario ten a posibilidade de recibir os platos de Täpper semanalmente. Desde a páxina web debe personalizar un menú cun prato principal, un segundo e unha sobremesa a elixir de entre unha grande variedade de opcións que, por suposto, poden ir variándose.
“Nuestra carta se compone fundamentalmente de comida tradicional gallega, como el raxo con patatas o el caldo, que combinamos con platos más actuales como ensalada de gambas con salsa rosa, platos vegetarianos…”, explica Antón Penas, CEO de Täpper. Asemade, cada certo tempo engaden novas receitas que amplían o abano de posibilidades para escoller.
Nuestra carta se compone de comida tradicional gallega, como el raxo con patatas o caldo, que combinamos con platos más actuales como ensalada de gambas con salsa rosa
En función do que adoita escoller o cliente, desde Täpper tamén ofrecen recomendacións, aínda que o máis habitual é decantarse polos pratos máis simples e que sempre funcionan. A este respecto, Penas define Täpper “como un mini furancho con los platos de toda la vida”.
Por suposto, os menús chegan envasados e consérvanse na neveira de dúas e tres semanas: “se envasan al vacío lo que hace que preserven mejor los ingredientes a lo largo del tiempo. Además, es de destacar que se utilizan los mínimos conservantes posibles”.
Täpper xa está a conquistar os padais máis exixentes. O perfil das persoas cunha subscrición é moi amplo, mais cunha predominancia de mulleres a partir dos 40 anos con fillos e pouco tempo dispoñible. Para elas, Täpper é unha opción “rápida, rica y saludable”. Os pedidos chéganlles principalmente das cidades como Santiago, A Coruña e Vigo, porque son onde máis traballadores e con menos tempo hai.
Con todo, tamén hai clientes libres dos afogos do traballo: “me sorprendió cuando empecé con esto que gente de 80 años me comprase comida, pero la realidad es que tenemos bastante gente mayor. Al final, cuanto más cómodo es un servicio más probabilidad hay de que funcione. Con Täpper se ahorran hacer la compra, gastar, preparar la comida y limpiar después”, explica Antón.
Cuanto más cómodo es un servicio más probabilidad hay de que funcione. Con Täpper se ahorran hacer la compra, gastar, preparar la comida y limpiar después
En Täpper diversificaron os seus puntos de venda e xa é posible atopalos en todo o eixo atlántico en gasolineiras e supermercados, espazos externos onde as vendas funcionan moi ben. “Jugamos con la cercanía. Para el cliente es más cómodo coger la cena de paso que rellena el depósito”, razoa Antón. Desta maneira pretenden contribuír a un dos seus obxectivos principais: “ofrecer un producto local para todos sin mucho esfuerzo”.
Nesta liña, recentemente comezaron a realizar envíos a empresas, de xeito que os traballadores teñan a oportunidade de personalizar os seus menús e recibilos na súa oficina.
Cada vez é máis frecuente atopar empresas dedicadas a planificar e enviar menús, e incluso plataformas coma os supermercados se suman xa a esta tendencia. Con todo, o concepto de Täpper é único e orixinal, ademais de que aposta firmemente pola calidade real dos produtos. Todos os ingredientes proveñen de Galicia e combínanos para crear opcións sas e rexionais: “no dejamos de ofrecer la comida de toda la vida, la que hacían nuestras madres y abuelas con nuestros productos, pero con un toque propio y diferente”.
Para os novos clientes ofrecen un desconto relevante, co gallo de que se animen a probar o servizo: dez euros de desconto e envío gratuíto. Non é necesario pedir os menús para a toda a semana, senón que sempre existe a posibilidade de pedir para un ou varios días. A realidade é que unha vez se proba a comida de Täpper, é raro abandonala.
Despois dun bo comezo Antón Penas mira con optimismo cara o futuro. Seguro de que a demanda aumentará, ten a intención de chegar a máis xente coas vendas online e tamén coa colaboración con outros establecementos coma hoteis, restaurantes ou supermercados. Asemade, o próximo ano quere abrir unha nova tenda física porque “el objetivo siempre va a ser crecer”.