Belvís acolle este sábado unha nova romaría con música en directo, xogos populares e zona gastronómica

A nova cita festiva organizada polo Concello de Santiago reunirá a Ulex, Tona, Yeli Yeli, De Ninghures, Alvilda e The Peawees, con zona infantil e propostas gastronómicas ao longo de toda a xornada
Belvís acolle este sábado unha nova romaría con música en directo, xogos populares e zona gastronómica
Un festival celebrado no parque de Belvís en 2016 (arquivo)

O Parque de Belvís converterase este sábado 31 de maio no epicentro da cultura festiva compostelá coa chegada da primeira edición da Romaría das Flores, unha nova proposta organizada polo Concello de Santiago, con produción de Tremendo Audiovisual, e o patrocinio de Deleite, Estrella Galicia, Bodegas Lodeiros e Paco & Lola.

 

Parque de Belvu00eds
Parque de Belvís

 

A programación inclúe música en directo desde o mediodía ata a noite, actividades para crianzas, sesións de DJs e unha ampla zona gastronómica con produtos locais e opcións vexetarianas e sen glute.

 

Un cartel diverso con acento galego e internacional

O escenario principal abrirá ás 13:00 h coa actuación dos composteláns Ulex, gañadores do certame de Novos Valores do Festigal. A continuación, estrearase en directo o proxecto Tona (14:30 h), liderado por Miguel Cernadas de Terbutalina.

 

A tarde traerá a sonoridade híbrida dos gaditanos Yeli Yeli (16:30 h), que mesturan flamenco, electrónica e kuduro, e o folk vibrante dos galegos De Ninghures (18:00 h), finalistas nos Premios Martín Códax. Xa ao serán, chegarán as francesas Alvilda (19:30 h) co seu punk yeyé e o rock de garaxe dos veteranos italianos The Peawees (21:00 h). A festa rematará coa sesión da DJ Wanda Buluva (22:00 h).

 

 

 

Un espazo para toda a familia e a boa comida

A zona infantil contará co espectáculo de Uxía Lambona e a Banda Molona ás 15:30 h e xogos populares dinamizados por Xogos Miudiño entre as 14:00 e as 18:00 h.

 

Na zona gastro, os postos Chicha Lovers e O Bochinche ofrecerán propostas variadas, e os DJs Saibran e Chicho Selektor animarán os intermedios entre concertos en horarios espallados ao longo do día.

 

 

 

Belvís acolle este sábado unha nova romaría con música en directo, xogos populares e zona gastronómica

Te puede interesar