O BNG fai balance de dous anos de goberno centrado nas persoas, a igualdade e a sustentabilidade

O BNG fai balance de dous anos de goberno centrado nas persoas, a igualdade e a sustentabilidade
Os nacionalistas que compoñen o Goberno de Santiago, liderado pola alcaldesa Goretti Sanmartín

O grupo de goberno do BNG de Santiago fixo balance este mércores dos dous anos transcorridos desde as eleccións municipais de 2023, sinalando que a cidade avanzou moito tanto en proxectos e iniciativas concretas como no cambio de rumbo e modelo de cidade que están a construír. A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada das concelleiras e concelleiros nacionalistas, afirmou que o seu goberno está a sentar as bases dunha transformación profunda da cidade, con políticas que apostan pola mellora da calidade de vida da veciñanza e a recuperación do espazo público, co foco posto na transición ecolóxica, a perspectiva feminista e a participación cidadá.

 

Unha cidade máis viva e activa

A alcaldesa destacou que nestes dous anos Santiago pasou de ser unha cidade varada a unha cidade viva, chea de actividade, que avanza con paso firme e ilusionado. Lembrou que o goberno actual tivo que retomar proxectos paralizados no anterior mandato, como a ORA ou a adquisición de novos autobuses, e encamiñar actuacións moi demandadas como o novo PXOM ou o Centro de Día da Almáciga. Ao tempo, púxose en marcha unha nova vaga de políticas e proxectos municipais que marcarán o futuro da cidade, como o Plan de Accesibilidade, o Plan de Saúde Mental ou a nova política de vivenda.

 

 

Principais avances en políticas públicas

Entre os logros salientados polo BNG nestes dous anos figuran a creación de novas axudas ao alugueiro para mocidade e persoas maiores, o lanzamento das primeiras axudas á creación cultural, a posta en marcha do Consello Municipal de Saúde, a convocatoria das primeiras subvencións para a igualdade e contra as violencias machistas, e o investimento en espazos públicos como a nova área de lecer de Salgueiriños, o campo da Eiriña ou os campos de fútbol de San Lázaro.

 

Nova etapa para a cultura e as festas

A alcaldesa tamén puxo en valor o cambio de modelo de festas e cultura, coa recuperación da programación do Auditorio de Galicia, a aposta polos festivais consolidados, a celebración de eventos musicais descentralizados e o novo impulso ás Letras Galegas. Todo isto forma parte dunha estratexia para facer de Santiago unha cidade viva, coidada e amable, comprometida coa veciñanza e co seu benestar, que avanza cara a un futuro sostible e con orgullo da súa identidade.

O BNG fai balance de dous anos de goberno centrado nas persoas, a igualdade e a sustentabilidade

Te puede interesar