Compostela acollerá máis de 3.400 novas vivendas nun novo proxecto urbanístico impulsado pola Xunta

Compostela acollerá máis de 3.400 novas vivendas nun novo proxecto urbanístico impulsado pola Xunta
Vivienda. Foto de Eladio Lois

A Xunta de Galicia acaba de dar un paso importante na creación de novo solo residencial na capital galega coa proposta de adxudicación da redacción do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para o ámbito de Mallou, no oeste de Santiago.

 

A empresa Monteoliva Arquitectura SLP será a encargada de redactar os documentos urbanísticos que permitirán transformar unha superficie de 34,6 hectáreas no ámbito denominado SUD1 "Mallou", co obxectivo de construír arredor de 3.460 vivendas, a maioría delas de carácter protexido.

 

 

Este proxecto forma parte da primeira fase da Estratexia Galega de Solo Residencial, coa que a Xunta pretende facer fronte á crecente demanda de vivenda en cidades como Santiago, mellorar a accesibilidade e garantir prezos asumibles para a cidadanía.

 

Segundo explicou a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, o contrato inclúe tamén a redacción do proxecto de expropiación e parcelamento, pasos previos imprescindibles para comezar a urbanización do terreo.

 

 

Mallou converterase así nun dos grandes polos de crecemento residencial da cidade nos vindeiros anos, cun desenvolvemento urbanístico que busca integrar novas vivendas con espazos verdes e dotacións públicas.

A actuación complétase con outras similares que a Xunta ten previsto impulsar noutros seis concellos galegos, pero o caso de Santiago destaca pola segunda maior capacidade residencial prevista tras a da Coruña.

Compostela acollerá máis de 3.400 novas vivendas nun novo proxecto urbanístico impulsado pola Xunta

Te puede interesar