Compostela elixe a mellor canción en galego do ano | Estas son as candidatas

Compostela elixe a mellor canción en galego do ano | Estas son as candidatas
Os artistas que optan ao premio

A música galega prepárase para un dos momentos máis esperados do ano: a elección da Mellor Canción en Galego de 2024. O certame aRi[t]mar, celebrado en Compostela, vén de facer pública a lista de dez finalistas que competirán polo recoñecemento popular a través dunha votación aberta na súa páxina web, que se estenderá ata o 27 de marzo.

 

Nesta edición, os temas seleccionados reflicten a riqueza e diversidade da escena musical galega. Entre os candidatos atopamos artistas veteranos como Uxía, con "Cantar galego ao Zeca", e bandas de gran recoñecemento como Ataque Escampe ("F**k the Police") ou Familia Caamagno ("Milagre económico").

 

Destacan propostas innovadoras como Baiuca, que xunto a Felisa Segade presenta "Barullo", e Boyanka Kostova, co seu tema "Italofeira". O certame tamén pon en valor voces con estilos máis persoais e característicos, como a de Mondra ("Quererse ben"), MJ Pérez ("Tanto por loitar") ou Hugo Guezeta ("O Noso Tempo").

 

Completan a lista Ortiga ("Papá & Mamá") e Sheila Patricia ("O Movemento"), cunha das apostas máis arriscadas do ano.

 

Os artistas que optan ao premio
Os artistas que optan ao premio

 

En calquera caso, o público terá a última palabra á hora de decidir cal destas cancións será recoñecida como a mellor do 2024 en Galicia.

 

Música portuguesa tamén en competición

En paralelo á competición galega, aRi[t]mar tamén seleccionou as dez mellores cancións do ano en Portugal. A lista inclúe nomes como Ana Lua Caiano, Bárbara Tinoco, Carolina Deslandes, Mariza e Diogo Piçarra, entre outros. Así, o proxecto, nacido na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, reafirma a súa misión de estreitar lazos culturais e lingüísticos entre Galicia e Portugal, promovendo a música e a poesía en ambas as beiras do Miño.

 

Agora, só queda esperar para coñecer o veredicto do público. A mellor música do ano está por decidir!

Compostela elixe a mellor canción en galego do ano | Estas son as candidatas

Te puede interesar