'Compostela máis Solidaria' pecha con dúas sesións de cine ao aire libre

No marco deste programa, nos últimos meses desenvolvéronse diferentes actividades como a “Escola de Activismos”
'Compostela máis Solidaria' pecha con dúas sesións de cine ao aire libre

“Compostela máis Solidaria” é unha iniciativa da Coordinadora Galega de ONGDs e a Unidade Municipal de Atención ás Migracións, UAMI, que na súa novena edición puxo o foco na formación e sensibilización fronte á desinformación, os bulos e os discursos do odi que nos fan retroceder no camiño cara un mundo máis tolerante e solidario. No marco deste programa, nos últimos meses desenvolvéronse diferentes actividades como a “Escola de Activismos”, con catro obradoiros abertos á cidadanía e impartidos por organizacións de referencia no eido da comunicación para a transformación social, a investigación xornalística e a creación de novas narrativas; ou o “Escoitadoiro” con profesionais e voluntariado migrante da ONGD Ecos do Sur.

 

Agora, “Compostela máis Solidaria” bota o peche con dúas sesións de cine de rúa pensadas para o público familiar, cunha selección de curtametraxes que pretende facer reflexionar e compartir novas miradas sobre o mundo.

 

A primeira das sesións será o martes 29 de xullo, ás 18.30 horas no xardín do CSC Maruxa e Coralia, e a segunda desenvolverase o mércores 30 de xullo, ás 20.00 horas, no parque Avío de Abaixo, ao carón do Centro Sociocultural do Romaño. A entrada para ambas sesións é libre e de balde.

'Compostela máis Solidaria' pecha con dúas sesións de cine ao aire libre

Te puede interesar