O Concello abre o prazo para solicitar bolsas de comedor, material escolar e actividades para o curso 2025-2026

O Concello abre o prazo para solicitar bolsas de comedor, material escolar e actividades para o curso 2025-2026
Para facilitar a tramitación, a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais organiza xornadas informativas abertas ás familias, que se celebrarán na Casa das Asociacións de Benestar Social en Salgueiriños

Este xoves 12 de xuño ábrese o prazo para solicitar as bolsas municipais de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o curso 2025-2026, logo da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. A iniciativa, promovida pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, conta cun orzamento total de 1,1 millóns de euros, e o prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles.

 

Xornadas informativas para resolver dúbidas

Para facilitar a tramitación, a Concellaría organiza dúas xornadas informativas abertas ás familias na Casa das Asociacións de Benestar Social en Salgueiriños. A primeira celébrase hoxe, xoves 12, e a segunda o mércores 18, con dúas sesións cada día, ás 9:00 e ás 11:30 horas.

 

Tres tipos de bolsas e un incremento na axuda para comedor

A convocatoria ofrece tres modalidades de bolsas:

  • Bolsas de comedor e actividades extraescolares para familias con escaseza de recursos
  • Bolsas para a compra de material escolar, dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil
  • Bolsas de comedor por conciliación, para facilitar a compatibilidade da vida laboral e familiar

 

Comedorescolar 4
 

 

Como novidade, a axuda máxima nas bolsas de comedor para familias con menos recursos pasa de 90 a 100 euros mensuais. Nos centros de educación especial, a contía pode alcanzar os 180 euros mensuais. Se o custo xustificado é menor, a bolsa cobre o importe total.

 

Nas demais modalidades, mantéñense as contías da convocatoria anterior:

  • Bolsas de comedor por conciliación: 45 euros ao mes
  • Material escolar: 100 euros nun único pago
  • Actividades extraescolares: entre 15 e 30 euros mensuais, segundo a duración

 

Tamén se manteñen os umbrales de renda reducidos, aprobados no curso pasado para chegar a un maior número de familias.

 

Máis de 2.000 menores beneficiados o curso pasado

No curso 2024-2025, grazas ao aumento orzamentario e á simplificación dos requisitos, as axudas chegaron a máis de 2.000 menores en Santiago. En concreto, concedéronse:

  • 808 bolsas de comedor por escaseza de recursos
  • 600 axudas para actividades extraescolares
  • 309 bolsas de comedor por conciliación
  • 279 axudas para material escolar

 

Deste xeito, case o 20% das crianzas de entre 3 e 12 anos empadroadas en Santiago recibiron bolsas de comedor. Ademais, o 48,5% destas axudas foron concedidas por primeira vez, o que evidencia o impacto positivo das melloras introducidas na última convocatoria.

O Concello abre o prazo para solicitar bolsas de comedor, material escolar e actividades para o curso 2025-2026

Te puede interesar