Coñece a sede física de Diario Compostela

Coñece a sede física de Diario Compostela
Exterior da oficina

Diario Compostela dá un paso adiante coa súa sede física, situada en plena Rúa do Hórreo, unha das principais arterias da terra do Apóstolo. 

 

 

 

A nova oficina convértese así no centro de operacións dun medio moderno, renovado e que ten como prioridade informar da actualidade compostelá con rigor e nunha linguaxe adaptada aos tempos que corren.

 

 

Dispor dunha sede céntrica é prioritario para poder manter o contacto co pulso da cidade e estar preto dos principais focos sociais, culturais e institucionais da capital galega. Pero non só buscamos proximidade cos grandes entes, tamén coa veciñanza e as súas historias; un compromiso que fai deste xornal a opción informativa preferida de cada día máis picheleiros.

 

Así mesmo, convidamos  á cidadanía a facernos chegar as súas inquedanzas, preocupacións e temas de interese que merezan ser contados. Pódense poñer en contacto con nós a través do correo electrónico: diariocompostela@editoriallacapital.com ou en calquera das nosas redes sociais.

Coñece a sede física de Diario Compostela

Te puede interesar