Cortes de tráfico | A carreira popular 'Os 10.000 peregrinos' provocará desvíos nunha decena de rúas

O sábado terá lugar o evento multitudinario, o cal provocará cambios na circulación da cidade
Cortes de tráfico | A carreira popular 'Os 10.000 peregrinos' provocará desvíos nunha decena de rúas
Imaxe da carreira do ano pasado

O vindeiro sábado 6 de abril celebrarase "Os 10.000 peregrinos", unha carreira de 10 quilómetros organizada pola Deputación de Coruña que percorrerá as rúas compostelás, con saída da rúa San Francisco e chegada á praza do Obradoiro.

A carreira, que se desenvolverá entre as 16:30 e as 20:00 horas, terá o seguinte itinerario: rúa San Francisco, Campiño de San Francisco, avda. Xoán XXIII, avda. Burgo das Nacións, avda. Castelao, rúa Vista Alegre, rúa Salvadas, rúa Morón, rúa das Galeras, rúa Pombal, San Clemente, Campo da Estrela, avda. Xoán Carlos I, rúa Rosalía de Castro, rúa Montero Ríos, praza de Galicia, a Senra, avda. Figueroa, rúa de Bautizados, praza do Toural, rúa do Vilar, Fonseca e praza do Obradoiro.

Ao longo do percorrido produciranse unha serie de restricións do tráfico dando lugar aos seguintes desvíos:

- O tráfico procedente da rúa Rosalía Castro desviarase á dereita na praza de Vigo.
- O procedente de avda. das Burgas desviarase cara á avda. de Coruña.
- O tráfico que sae da avda. da Coruña deberá dirixirse cara á dereita pola rúa de Rosalía de Castro.
- Os vehículos procedentes da rúa do Hórreo desviaranse na praza de Galicia cara á Porta do Camiño.
- O tráfico procedente do Romaño deberá circular pola rotonda do Avío por Ulpiano Villanueva cara á avda. Castelao.
- A circulación de Galeras desviarase pola dereita pola rúa Poza de Bar.
- O tráfico de baixada da rúa Xoán XXIII dirixirase cara á avenida de Coímbra.
- Os vehículos que permanezan encerrados no circuíto, nas rúas de Montero Ríos, Carreira do Conde e o primeiro tramo de Xeneral Pardiñas, serán desviados polos policías situados neses puntos, a través das rúas Xeneral Pardiñas e Alfredo Brañas, cando o desenvolvemento da carreira o permita.
- Aqueles que queden dentro do circuíto, en Rodrigo de Padrón – San Clemente serán desviados pola rúa de Hortas dirección Poza de Bar, sempre que se poida.


Transporte urbano


Todos os desvíos nas liñas de transporte urbano que terán lugar entre as 16:30 e as 20:00 horas poden consultarse na páxina de Tussa.

O Concello de Santiago de Compostela prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lle poidan ocasionar

Cortes de tráfico | A carreira popular 'Os 10.000 peregrinos' provocará desvíos nunha decena de rúas

Te puede interesar