O responsable de Diario Compostela, Eladio Lois, estivo este martes no CEIP Agro do Muíño de Ames para compartir co alumnado o labor que se leva a cabo desde o xornal.
Momento do faladoiro celebrado no centro educativo de Ames
Ademais, coa idea de fomentar o interese polo xornalismo entre as novas xeracións, presentou a proposta dun concurso froito da colaboración co profesorado e a dirección do centro.
En que consiste?
Por grupos, o estudantado que participa na actividade enviará á nosa redacción unha nova relacionada coa actualidade compostelá.
O equipo de Diario Compostela elixirá a que mellor se adapte aos criterios xornalísticos que foron explicados polo coordinador do medio no faladoiro.
Despois de ser revisadas, publicaranse nesta mesma web firmadas polos estudantes gañadores.
A nova gañadora será publicada o vindeiro día 5 de marzo.