O evento Creafogar abre un espazo para a colaboración e a innovación no sector do interiorismo galego. Durante a tarde do martes e o mércores, os asistentes a misión comercial inversa, poderán visitar empresas de renome como Fundación Ría, A Emotional Light, Arturo Álvarez, La Nena, Tejas Verea e Grupo Ramón García.
A xornada comezou cunha benvida institucional, na que estiveron presentes Covadonga Toca, Directora Xeral do IGAPE da Consellería de Economía, Industria e Innovación e Elena Fabeiro, Xerente da Fundación Artesanía de Galicia da Xunta de Galicia. Seguido dunha visita guiada pola vivenda coñecendo de preto o traballo das máis de 160 marcas, e exploraron as tendencias que están a marcar o futuro de interiorismo sostible en Galicia.
Tamén se realizou unha visita guiada pola vivenda para coñecer de preto o traballo das máis de 160 marcas participantes, explorando as tendencias que están a marcar o futuro do interiorismo sostible en Galicia.
Entre as empresas nacionais que asistiron destacaron De La Villa, As Interiorista, Estudio Hago, De La Hoz Interiorismo, Estudio BMK e Esperanza Egea Interiorista e, a nivel autonómico contamos coa presenza de Estudio Mostaza e Construcciones Abal. A súa presenza é crucial para potenciar o sector empresarial galego e establecer vínculos que permitan un intercambio de ideas e experiencias.
Estes encontros B2B non só favorecerán a visibilidade das marcas galegas, senón que tamén abren a porta a novas oportunidades de colaboración e negocio. Neste sentido, celebrarase un almorzo con representantes das institucións e os artesáns participantes que será un espazo adicional para fortalecer vínculos comerciais e fomentar un ecosistema de innovación e creatividade.
A vivenda elixida para esta Edición I sitúase na Rúa Nova, 24 de Santiago de Compostela, ubicada no corazón do casco antigo, e consta de 4 plantas de 130 metros cadrados, 41 estancias e un baixo comercial.
Máis de 160 marcas e entidades do sector servizos, formación, iluminación, textil, mobiliario, ilustración, decoración, vidro, electricidade, deseño, fotografía, arte, tapicería, mudanzas, revestimentos, xardinaría e comunicación, entre outros, que forman Creafogar.
Almudena Rodríguez da firma DenaDinteriores e Beatriz Barril da firma Spacio-B poñen en marcha a I Edición de Creafogar.
Dúas interioristas acreditadas polo selo Artesanía de Galicia que, con máis de 20 anos de experiencia no sector, deseñarán “en clave galega” o interiorismo de toda a vivenda, ademais de coordinar ós diferentes creadores e gremios da construción participantes no evento.