Que fai a mundialmente recoñecida arquitecta Carolyn Steel no mercado de Abastos?

Que fai a mundialmente recoñecida arquitecta Carolyn Steel no mercado de Abastos?
Carolyn Steel na praza de Abastos

A arquitecta británica Carolyn Steel, referente mundial na relación entre alimentación e urbanismo, foi a protagonista esta mañá da inauguración do ciclo «Encontros de mercado» na Casa RIA. A xornada, que busca poñer en valor o papel das prazas de abastos na cultura gastronómica, comezou cunha visita á praza de abastos de Santiago e culminará esta tarde cunha cea especial.

 

Steel, autora dos libros Hungry City e Sitopia, percorreu o mercado compostelán acompañada do cociñeiro Iago Pazos, coñecendo de primeira man os produtos locais e participando no deseño dun menú especial baseado en ingredientes de tempada.

 

Iago Pazos
Iago Pazos

 

Esta tarde ofrecerá unha conferencia na sede da Fundación RIA, cunha charla gratuíta para a que é necesaria inscrición previa. Ao remate, en A Cantina, os asistentes que reservaron praza poderán degustar o menú co-creado con Steel, composto por catro pratos inspirados no mercado —horta, mar, carne e sobremesa—, cun prezo de 50 euros (máis gastos de xestión).

 

O ciclo, organizado por Casa RIA en colaboración coa Xunta de Galicia, continuará o 20 de marzo coa prestixiosa chef londinense Ruth Rogers e pecharase o 22 de abril cun encontro especial con destacados cociñeiros galegos. Con estas xornadas, Santiago reafirma o seu papel como epicentro do diálogo entre gastronomía, territorio e sustentabilidade.

Que fai a mundialmente recoñecida arquitecta Carolyn Steel no mercado de Abastos?

Te puede interesar