Para moitos será soado o nome de Zapatones. Para outros, especialmente para os máis mozos, non tanto. Foi unha das personaxes máis emblemáticas de Santiago de Compostela debido á súa presenza recorrente na Praza do Obradoiro ataviado coa indumentaria dun peregrino medieval.
A súa aparencia ostentosa converteuno rapidamente nun grande foco de atención, ata o punto de chegar a gañarse a vida facendo fotografías cos turistas e mesmo con personalidades de ampla relevancia.
A vida de Zapatones, pseudónimo de Juan Carlos Lema Balsas (Camariñas, 1954), non foi sinxela. Foi abandonado cando era un bebé e esa falta de figuras paternas puido ser o disparador da vida solitaria e nómade que rematou por levar.
Anos máis tarde da finalización da súa etapa coma ‘figura pública’ na capital galega, e case unha década despois da súa morte, a xornalista e escritora María José Lorenzo recupera a biografía desta popular celebridade como pretexto para elaborar unha novela que xira en torno ao Camiño de Santiago e o Xacobeo de 1993, aquel que elevou a cidade ao prestixio, á par que relata episodios da vida -chea de vicisitudes- de Zapatones.
Como Zapatones, María José Lorenzo sempre soubo sacar partido das adversidades. Nacida na aldea de San Xulián, en Pontecesures, desde pequena aprendeu a combater a soidade que viviu durante os seus primeiros anos nesa España de finais dos sesenta. A súa arma: a escritura.
Con dez anos xa tiña claro que a súa paixón era escribir. Múdase a Madrid coa súa nai e nesa cidade desenvolve a súa vida estudantil, familiar e profesional. Alí será onde se introduza de cheo, xa como xornalista, no mundo da prensa do corazón, que a encherá por completo e lle permitirá, co tempo, entrevistar a persoas de todo tipo, desde un astronauta ata recoñecidos literarios.
Esta vertente da comunicación tamén lle abrirá as portas á publicación de libros. María José Lorenzo é coñecida pola súa serie de biografías da Casa Real, entre as que destacan ‘Cristina, historia de una traición’, ‘Letizia, la plebeya’, ‘Sofía, la reina de la triste sonrisa’ e ‘Elena, la infanta que pudo reinar’.
Con ‘Zapatones, el peregrino eterno’ dá o salto da biografía á ficción por vez primeira. Das súas cada vez máis frecuentes visitas a Galicia María José Lorenzo descubre a personaxe de Zapatones e a multitude de anécdotas que se xeraron ao seu redor. Movida pola súa vea xornalística, mergúllase na súa figura e constrúe esa historia feita libro de case 300 páxinas.
‘Zapatones, el peregrino eterno’ ten moito de imaxinación, en parte porque a propia vida do protagonista era unha incógnita: “él siempre fabuló mucho sobre su historia y yo profundicé mucho hasta descubrirlo todo sobre él, pero en el libro hay mucha ficción”, explica María José.
Él siempre fabuló mucho sobre su historia y yo profundicé mucho hasta descubrirlo todo sobre él, pero en el libro hay mucha ficción
Cando levaba escritos cinco ou seis folios, a autora pasou por un momento de dúbida. “Pensé, el libro se me cae porque su vida es muy normal. Entonces se me ocurrió novelar su historia, llevándolo a hacer un Camino Francés en el que vive episodios de todo tipo”.
A novela, que parte do Xacobeo de 1993, viaxa polas 31 etapas que Zapatones realiza desde Saint Jean Pied de Port ata Santiago e nas que vive experiencias do máis variado: “en cada etapa lo que él va descubriendo, a la par que yo misma mientras me documento, son los misterios y leyendas del Camino”.
“El Camino de Santiago es una pasada de historias, de sentimientos, de magia, de espiritualidad… y de ahí ha salido una novela muy bonita. Yo me siento orgullosa de lo que he escrito”, asevera María José Lorenzo.
En ‘Zapatones, el peregrino eterno’, hai por suposto reservado un oco para o romance. De feito, para a autora o libro é unha “historia de amor con drama”, porque para o protagonista semella que o sufrimento e a tristura non teñen fin.
Polas características da biografía de Zapatones a novela está cargada de momentos sensibles e emotivos, xa desde o propio inicio. Como relata María José, “iniciar la historia de una persona diciendo que fue abandonada por sus padres te conmueve. Escribirlo duele”.
A autora ten a sensación, e así o busca transmitir, de que “la personalidad de Zapatones es la consecuencia de una vida que no fue generosa con él. No tuvo personas que lo guiasen y tuvo que buscarse la vida”.
La personalidad de Zapatones es la consecuencia de una vida que no fue generosa con él
Por iso a escritora cre que o lector chorará, “porque hay escenas que son dramáticas e terribles”, pero tamén disfrutará da lectura: “en redes sociales estoy teniendo una buena acogida y me lee un público muy variado. Algunos compañeros, como Rafael Ortega y Santiago Sueiro, me han felicitado después de leer el libro”.
Malia centrar a súa historia no Camiño, quere deixar claro que non pretende “ser una erudita del Camino del Santiago, porque hay grandes escritores del Camino que son auténticos investigadores. Yo lo toco muy superficialmente y me quedo en la anécdota y la leyenda”. ‘Zapatones, el peregrino eterno’, é o relato desta personaxe vivindo o percorrido Santo.
O libro xa está a venda e pronto comezarán as presentacións en diferentes puntos da península. A próxima, o vindeiro oito de agosto ás 19:00 horas no Casino de Ponte do Porto, en Camariñas. Máis para adiante, ela e o seu editor Gonzalo Sáenz –“un editor que es maravilloso, he tenido suerte de encontrarlo en el camino”- pretenden visitar puntos chave do Camiño Francés (Pamplona, Logroño, León…).
“Yo disfruté mucho en este camino de escritura porque metiéndome en las situaciones que viven los peregrinos, he llegado a encontrarme con ese misticismo que existe en el Camino, con la religiosidad, con la fe, con la inquietud y con la magia. Y me di cuenta de que habría que vivirlo de esa forma. Ojalá el libro funcione como una guía como el Camino lo fue para Zapatones, pues para él supuso un encuentro consigo mismo”.