Mondra e Grande Amore dan a benvida ao novo curso da USC

Ambos artistas ofrecerán un Meet & Greet o luns 22 ás 20.30 horas no Colexio Maior Fonseca e ofrecerán concertos para o estudantado o 24 e 25 de setembro
Mondra e Grande Amore dan a benvida ao novo curso da USC
Mondra, na portada do seu disco | Zeltia Iglesias

A Universidade de Santiago daralle a benvida ao seu estudantado nas xa tradicionais xornadas de inicio de curso #BenvidaUSC que este ano se desenvolverán do  15 ao 30 de setembro en Santiago e Lugo con múltiples actividades gratuítas de carácter cultural e deportivo.


Entre o extenso programa de actividades deste ano destacan as actuacións de Mondra e Grande Amore, que xuntos protagonizarán un Meet & Greet o luns 22 ás 20.30 horas no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca de Santiago. Ademais, o mércores 24 actuará Grande Amore ás 20.30 horas na explanada da EPSE e o xoves 25 será a quenda de Mondra ás 20.30 horas na Praza de Mazarelos.


A maiores, o programa de Santiago ofrece outros dous eventos de importancia, como son o acubillo do Festival Compostela Street na fin de semana do venres 19 ao domingo 21 e de distintas funcións do Festival Maré que se celebrará entre o venres 26 e o domingo 28 e para o que a USC ten reservadas 20 entradas de balde en cada unha delas. 

Cartel benvidausc 2025 santiago page 0001
Cartaz de #BenvidaUSC

 

Para participar nas actividades é preciso inscribirse de balde, excepto nos concertos de Mondra e Grande Amore e para o Compostela Street, que son de entrada libre ata completar capacidade.

Mondra e Grande Amore dan a benvida ao novo curso da USC

Te puede interesar