Reformas de verán: intervencións en escolas compostelás por valor de 300.000 euros

Destaca o investimento de 116.000€ para o arranxo e cualificación de parques escolares
Reformas de verán: intervencións en escolas compostelás por valor de 300.000 euros
Escola Infantil Bispo Teodomiro de Marrozos

No conxunto dos centros educativos do concello de Santiago se está a executar este verán actuacións de conservación e mantemento por un importe de arredor de 300.000 euros, moitas delas atendendo ás solicitudes trasladadas polos propios centros educativos. Entre elas, destaca o investimento de 116.000 euros destinado ao arranxo e certificación de parques escolares.


Este novo servizo suporá un paso fundamental para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das familias da contorna. “Como administración máis próxima á cidadanía, temos a responsabilidade de ofrecer servizos que faciliten a conciliación, e a ampliación da rede de comedores escolares a todas as escolas públicas do concello é unha medida de xustiza”, sinalou a concelleira de Educación, Míriam Louzao.


Na escola de Marrozos estase a intervir na ala leste do edificio cun investimento de arredor de 22.500 euros, para transformar un antigo almacén e uns baños en desuso nun espazo habilitado para o comedor. A actuación inclúe tamén o cambio de parte dos ventanais, a instalación dun radiador na aula de psicomotricidade e a colocación de estores, o que permitirá mellorar a eficiencia enerxética do espazo.


Durante a visita realizada hoxe, a concelleira lembrou que esta escola xa foi obxecto de melloras nos últimos anos. Entre elas, instalouse un tatami e unha tarima na aula de psicomotricidade, acometeuse o pintado da aula 2 e cambiáronse os ventanais da aula principal. Tamén se están acometendo outras obras para adecuar os espazos de comedor nas escolas de Laraño e O Eixo

Reformas de verán: intervencións en escolas compostelás por valor de 300.000 euros

Te puede interesar