Os santiagueses son un exemplo de boa condución

Os últimos controis de Tráfico unicamente detectaron 16 infracción en máis de 2.000 vehículos vixiados
Os santiagueses son un exemplo de boa condución
Taxi compostelán | ELADIO GONZÁLEZ LOIS

O Concello de Santiago vén de facer públicos os datos máis recentes obtidos a partir dos controis de tráfico que se realizan na cidade e a súa contorna.


Concretamente, na semana do 11 ao 17 de marzo, a Policía Local da cidade levou a cabo unha acción de vixilancia en máis de 2.200 vehículos que circulaban por Compostela.

 

O cinto de seguridade é o descoido principal

A actuación permitiu detectar unicamente 16 infraccións, todas relacionadas co uso do cinto de seguridade.


Delas, a maior parte (12) foron a condutores, mentres que só acabou por sancionarse a 4 pasaxeiros.

 

Vehículos controlados

A Dirección Xeral de Tráfico non só puxo o foco sobre os coches manexados por usuarios. A maiores dos 2.000 que controlou, tamén se fixou nos traballadores de 69 taxis, 44 autobuses en 146 medios de transporte de mercadorías.

 

Os pequenos viaxan seguros

Por outra banda, tamén cómpre destacar que non se tramitou ningunha denuncia relacionado co emprego dos sistemas de retención infantís, cuxo uso foi correcto en todos os casos dos que tiveron constancia. 

 

A mensaxe do Concello

Pola súa parte, o Concello aproveita a difusión destes datos para insistir en que o uso do cinto de seguridade é un elemento básico e fundamental da seguridade viaria e reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. 

 

Ademais, lembran que os sistemas de retención infantil son obrigatorios para nenos e nenas cunha altura inferior a 1,35 metros, e recomendables ata os 1,50. Sempre, por suposto, instalados de acordo coa altura e peso do viaxante.

Os santiagueses son un exemplo de boa condución

Te puede interesar