Reportaxe | A Tenda das Herbas, un oasis vexetal no centro de Compostela

É a única tenda totalmente vegana da cidade e que funciona á par coma herbario. Hai máis de vinte anos que oferta desde produtos de alimentación que non se poden atopar nos supermercados, unha ampla variedade de plantas e útiles de coidado persoal e do fogar
Reportaxe | A Tenda das Herbas, un oasis vexetal no centro de Compostela
Diana e Daniel, á fronte de 'A Tenda das Herbas'

Se un camiña pola rúa do Hórreo, despois de pasar a Praza de Galicia verá que á esquerda hai unha pequena calella, a dos Pitelos. Aí medio agochado, nada máis entrar, existe un paraíso da alimentación e do coidado persoal. Desde hai máis de vinte anos, A Tenda das Herbas ofrece a veciñanza de Compostela unha infinidade de produtos veganos e ecolóxicos con selo de calidade.

 

Apenas ás once da mañá, quince minutos despois da apertura, ‘A Tenda das Herbas’ xa recibe aos primeiros clientes que fan fila para mercar os seus indispensables. Hai moita vida a pesar do reducido espazo, que aínda así está perfectamente distribuído.

 

Tenda herbas produtos
Un estante con produtos.

 

Xa van tres anos que Diana Fernández e Daniel Teijelo colleron as rendas deste negocio que hoxe é o único espazo cunha oferta cen por cen vegana da cidade. Ao longo dos tempos, foi pasando por varias mans ata chegar ata as destes dous mozos que traballan cada día sen descanso pero cun sorriso no rostro para cubrir as necesidades dos seus clientes. 

 

Antes de ser os responsables, foron clientes habituais da Tenda das Herbas. Diana, que estaba rematando de estudar, decidiu embarcarse na aventura de levar o comercio despois de coñecer que a antiga propietaria quería cambiar de aires. Ela, defensora da ética vegana, apostou polo proxecto con ganas.

 

Porén, A Tenda das Herbas non sempre foi unicamente vegana. Foron uns dos propietarios, unha parella de veganos, quen introduciron a liña que hoxe é o selo de identidade do negocio.

 

Ampla oferta de produtos

 

Lonxe de ser unha tenda de nicho, A Tenda das Herbas recibe clientes non só veganos e de todas as, de mozos a adultos. A súa dobre vertente -é á par un herbario- fomenta máis se cabe a afluencia de persoas que se achegan con frecuencia ao local.

 

“Tenemos clientela de hace 20 años, sobre todo por las hierbas. Por aquel entonces, la tienda era solo herbolario e incluso se hacían consultas de naturopatía” explica Diana, que diariamente recibe clientes que van polas follas a granel. Calquera persoa podería quedar seducida pola ampla variedade coa que contan, e que exhiben orgullosos nunha das paredes.

 

Tenemos clientela de hace veinte años, sobre todo por las hierbas. Por aquel entonces la tienda era solo herbolario y se hacían consultas de naturopatía

 

 

Herbas hai para necesidades de todo tipo. De bidueiro con efecto diurético, visgo para tratar afeccións coma a asma, a artrite ou a dor de cabeza, salvia para problemas dixestivos ou artemisa para aliviar as dores da menstruación. Pero tamén se venden aceites de decenas de tipos para os máis variados usos.

 

A nivel de coidado persoal, na Tenda das Herbas é posible atopar cosméticos para a pel e mesmo para o pelo. Nos últimos anos están a ter unha alta demanda das tinturas naturais como a henna, que ao non conter químicos son moito menos agresivos co cabelo: “Tanto mujeres adultas como jóvenes vienen con frecuencia preguntando por este tipo de tintes. Cada vez tienen más éxito”. Venden tamén bálsamos labiais, champús e cepillos.

 

Tenda herbas tinturas
Tinturas naturais.

 

O local, que destaca pola súa eficiencia distribución do espazo, tamén deixa un oco para os produtos do fogar coma deterxentes, quitagraxas, humidificadores e esponxas.

 

Así e todo, no campo da alimentación é onde reciben a maior parte das vendas. Na ‘Tenda das Herbas’ poden atoparse produtos que non se venden nas grandes superficies que, aínda que xa comezan a ofertar produtos veganos, son poucos e non sempre da mellor calidade. Ademais, moitos deses artigos teñen detrás marcas que empregan animais para elaboración doutros produtos.

 

No negocio de Diana e de Daniel iso non pasa. Colaboran na medida do posible con pequenos produtores e marcas ecolóxicas que garanten unha produción natural e libre de maltrato animal. 

 

Polos corredores da tenda hai desde pastas de todo tipo ata salsas e aceites. Unha persoa vegana ou que tenta reducir o seu consumo de carne ten aquí todo o que pode necesitar: “La gente vegana no tiene por que renunciar a un bacon, o a un queso rico. Aquí pueden encontrar eso y más”, indica Diana. 

 

La gente vegana no tiene por qué renunciar a un bacon, o a un queso rico. Aquí pueden encontrar eso y más

 

Tenda herbas violife
Embutidos veganos.

 

Porque que unha persoa sexa vegana non implica que non lle guste o sabor da carne. “Es ética, y las razones son muchas. Hay alternativas, debemos concienciarnos de que no somos los únicos en este mundo. Ahora tenemos muchas opciones de alimentación e incluso de ropa para las que no se usan animales. Ellos son nuestros compañeros de vida y el objetivo es hacer el menor daño posible”. 

 

Hay alternativas, debemos concienciarnos de que no somos los únicos en este mundo. Ahora tenemos muchas opciones de alimentación e incluso de ropa para las que no se usan animales

 

Proximidade no trato

 

Diana e Daniel están sempre na tenda dispostos a resolver as dúbidas de calquera que se achegue na busca dalgún produto específico ou simplemente a botar unha ollada ao que se ofrece. Ademais dos clientes habituais que levan anos frecuentando o comercio, reciben a moitos pais e nais que van na busca de produtos para os seus fillos veganos.

 

Isto pode traer consigo dúbidas para moitos: que é cada cousa, que son os ingredientes que leva cada produto… Todo iso se pode solucionar rapidamente na tenda. Tamén atopan cada vez máis persoas que, sen ser veganas, buscan reducir o seu consumo de carne. ‘A Tenda das Herbas’ é o lugar idóneo, xa que permite mercar produtos con sabores semellantes sen o compoñente de maltrato animal no fondo.

 

Á parte do anterior, ‘A Tenda das Hebas’ colabora con asociacións e entidades coma o Santuario Vacaloura co obxectivo de executar un labor solidario que vai en consonancia coa liña do negocio: “Les dejamos el local para que vendan su merchandising y puedan recabar fondos para su proyecto. Algunas personas vienen a propósito a por los productos; otros vienen a la tienda, los ven y, si les interesan, los compran”.

 

Tenda herbas merchan
Produtos de 'merchandising'.

 

‘A Tenda das Herbas’ está a atravesar un momento de prosperidade grazas aos clientes que día a día se achegan ao local da rúa dos Pitelos. Tamén é de destacar o labor que fan en redes, principalmente en Instagram onde informan das novidades e dos produtos estrela da temporada. Con todo, para os que non sexan de Santiago, que non se preocupen. Tamén teñen unha tenda online na que mercar todos os artigos dun dos comercios máis singulares da cidade. 

Reportaxe | A Tenda das Herbas, un oasis vexetal no centro de Compostela

Te puede interesar