Reportaxe | Igaxes, dúas décadas velando pola inclusión dos menores en risco de pobreza

A ONG Igaxes leva máis de vinte anos traballando con mozos en risco de pobreza e exclusión social coa fin de mellorar as súas condicións. Múltiples programas de actuación e o esforzo dun grande equipo auspician un futuro máis prometedor
Reportaxe | Igaxes, dúas décadas velando pola inclusión dos menores en risco de pobreza
Campaña STOPODIO

É unha realidade. En Galicia o 25% dos nenos están en risco de pobreza, miles de menores carecen dos recursos necesarios para desenvolvérense con plenitude. Isto provoca que teñan dificultades para superar con éxito a etapa escolar e, a máis longo prazo, para inserirse no mercado laboral e gozar de estabilidade económica. 

 

A ONG Igaxes leva desde o 2001 planificando e executando intervencións para atender as necesidades deste segmento da poboación. Un equipo de máis de cen profesionais brinda apoio a arredor de tres mil mozos anualmente en toda Galicia.

 

Rachar coa pobreza

 

Igaxes nace, en palabras do seu actual director, Carlos Rosón Varela, da declaración de que “la intervención social tiene que ir más allá del existencialismo“. Desde o primeiro momento traballaron en base a un obxectivo principal: que ningún neno vexa condicionado o seu futuro por causas de exclusión social ou condicións precarias no ámbito familiar.

 

Igaxescarlos
Carlos Rosón Varela | CEDIDA

 

Parten do fundamento de que a pobreza viaxa dunha xeración a outra, de xeito que se entra nun bucle do que é complicado saír. Igaxes busca unha solución: “el nacimiento no tiene que ser limitante”, indica Rosón. 

 

El nacimiento no tiene que ser limitante

 

Buscan “romper la transmisión generacional de la pobreza”, que afecta a arredor do 80% dos nenos en risco de exclusión. Agora o número de mozos afectados pola carencia de recursos básicos segue a ser alto malia que hai notables mellorías con respecto a anos atrás.

 

Enfoque integral

 

Igaxes destaca pola súa metodoloxía de traballo, caracterizada por un seguimento desde o primeiro momento da situación particular dos seus usuarios. Seguen o que eles mesmos chaman o enfoque ICI, siglas de intervención, coñecemento e incidencia.

 

Igaxespresentacionparadormonforte
Durante unha presentación da entidade | CEDIDA

 

Para iso baséanse nun modelo no que sitúan á persoa no centro. En torno a ela constrúense catro piares básicos: familia, educación, comunidade e inserción laboral. Estes constitúen a rede de apoio que permitirá aos nenos en situación vulnerable a saír do círculo da exclusión social. 

 

Un mal ambiente familiar pode provocar un baixo rendemento no colexio, e en moitas ocasións o fracaso escolar. A intervención no eido educativo é chave, por iso en Igaxes realizan numerosos programas en escolas cos que tamén conseguen achegarse ás familias.

 

Para Igaxes é fundamental o traballo en rede con outras organizacións: “en estos tiempos de incertidumbre, la colaboración con universidades para generar conocimiento y hacer propuestas de intervención es clave”, asevera Rosón.

 

A estratexia do traballo en rede implica que toda a sociedade é relevante. “Nosotros colaboramos con otras entidades del tercer sector, con empresas, con la administración, con colegios, institutos y universidades, con el mundo de la cultura y con el del deporte”. 

 

Colaboramos con otras entidades del tercer sector, con empresas, con la administración, con escuelas y con el mundo de la cultura y del deporte

 

Isto involucra asimesmo as forzas políticas, ás que piden un compromiso para asegurar que estes mozos en risco poidan aspirar a gozar dunha vida digna

 

Nos últimos anos Igaxes leva manifestado ante os poderes públicos unha serie de reivindicacións que están á orde do día entre os máis mozos. Entre elas están o problema da saúde mental, dado que a metade dos rapaces en situación vulnerable sofren algún tipo de patoloxía deste tipo; e o da vivenda, xa que a falta deste ben limita a completa inclusión das persoas.

 

Igaxeseducadoravivenda
Educadora de Igaxes nunha vivenda | CEDIDA

 

Tamén teñen abordado cuestións arredor do fracaso escolar, solicitando recursos para traballar con rapaces en risco de exclusión. Do mesmo modo, tratan de combater o discurso do odio que tanto os afecta, pois segue a haber estigma e a meta é impedir o acoso normalizado. Para iso teñen elaborado actividades coma Soños, unha obra de teatro en prol da desestigmatización. 

 

Igaxesosños
Representación de 'Soños' | CEDIDA

 

Na actualidade, para lograr todo isto ademais das súas loitas contan con financiamento do Fondo Social Europeo a través da Xunta de Galicia e das deputacións provinciais, xunto co apoio de socios e doantes

 

Liñas de traballo

 

Varios programas conforman o corpus de actuación de Igaxes, cos que reman a favor de tres causas concretas: infancia segura, dereito á educación e dereito ao emprego.

 

Un deles é o Programa Mentor, que ten o obxectivo de facilitar a transición á vida adulta aos rapaces que se atopan no sistema de protección á infancia da Xunta de Galicia. Brindan apoio entre os dezaseis e os vinte e cinco anos coa fin de asegurar a súa autonomía persoal e a súa integración na comunidade.

 

Ao abeiro do Programa Mentor está o Programa Referentes, que tece unha rede social de apoio con persoas que acompañan voluntariamente aos mozos sen lazos familiares. Son adultos que dan consellos e rematan por ser unha figura de referencia para aqueles que carecen dela.

 

O Programa Artesa é outro proxecto de voluntariado no que Igaxes colabora directamente con empresas co gallo de que persoas deste eido actúen como mentoras de mozos tutelados para crear neles vocacións. É o primeiro paso para que se insiran no mercado laboral.

 

Igaxespresentacionmemoria2023
Durante a presentación da memoria | CEDIDA

 

Tamén no ámbito laboral Igaxes forma parte do Programa Incorpora, unha iniciativa de Obra Social “la Caixa” para a inserción socio laboral de persoas en risco de exclusión. De igual modo, Igaxes fai especial fincapé nas zonas rurais, nas que os mozos atopan de por si maiores dificultades que nas cidades. Co Programa Mentor Rural apoian aos usuarios no seu proceso de formación e busca de traballo en lugares coma Chantada, Valdeorras e Monforte.

 

Finalmente, no ámbito educativo velan porque ningún rapaz careza do seu dereito á educación, e para iso está Escola de vida, no que colaboran cos alumnos pero tamén coas familias, os centros educativos e o profesorado.

 

Estas liñas de actuación postas en marcha por Igaxes vense manifestadas en melloras na calidade de vida dos seus usuarios: “los programas tienen un impacto favorable en el cambio. Aunque siempre hay un porcentaje de jóvenes al que no llegamos, en general los resultados son muy positivos”.

Reportaxe | Igaxes, dúas décadas velando pola inclusión dos menores en risco de pobreza

Te puede interesar