O 39º Rali Berberecho de Noia enche de emoción as rúas de Brión

Esta mañá celebrouse con éxito o 39º Rali Berberecho de Noia, cun treito de aproximadamente 11 km integramente no Concello de Brión. A proba, que tivo lugar entre as 7:30 e as 15:00 horas, contou con dúas pasadas (ás 8:50 h e 12:00 h) e un reagrupamento na Rúa Tarrio a partir das 9:10 h.

 

A organización, a cargo da Escudería Berberecho, puxo en marcha un amplo operativo de seguridade e información para minimizar as molestias veciñais. Durante a xornada, restrinxiuse o tráfico e o estacionamento en varios puntos clave, como a Avenida Santa Minia, e habilitáronse accesos específicos para residentes.

 

Desde a organización agradécese a colaboración da veciñanza por facer posible un evento seguro e emocionante, que segue consolidándose como unha cita imprescindible para os amantes do motor en Galicia.

O 39º Rali Berberecho de Noia enche de emoción as rúas de Brión

Te puede interesar