Aberto o prazo das axudas municipais á Economía Social en Santiago cun orzamento de 115.000 euros

As subvencións poden solicitarse ata o 1 de outubro e están dirixidas a consolidar empresas, manter actividade e xerar emprego no ecosistema local
Aberto o prazo das axudas municipais á Economía Social en Santiago cun orzamento de 115.000 euros
As axudas ás empresas de Economía Social fan parte da aposta decidida do concello de Santiago

Desde hoy, 2 de setembro, e ata o 1 de outubro permanece aberto o prazo para solicitar as axudas municipais destinadas a apoiar ás empresas de Economía Social en Santiago. Así o recolle o Boletín Oficial da Provincia, que publica hoxe as bases da convocatoria.

 

O Concello destina un total de 115.000 euros a esta liña de subvencións, que ten como obxectivo consolidar o tecido empresarial compostelán e fortalecer o ecosistema da economía social, un sector clave na capital galega.

 

As achegas están orientadas a financiar gasto corrente das entidades solicitantes, contribuíndo así á súa estabilidade e ao mantemento da actividade. Trátase dunha das medidas incluídas dentro da aposta estratéxica do goberno local por un modelo económico baseado na cooperación, a solidariedade e a inclusión social, liña que tamén recollen documentos como a Axenda Urbana 2030 e o Plan de Acción para a Economía Social nos barrios de Compostela.

 

Na convocatoria de 2024 resultaron beneficiarias 27 entidades, que recibiron entre 3.600 e 5.000 euros cada unha. O Concello destaca que estas axudas buscan non só apoiar ás empresas, senón tamén xerar emprego e riqueza, ao tempo que contribúen a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Aberto o prazo das axudas municipais á Economía Social en Santiago cun orzamento de 115.000 euros

Te puede interesar