As Festas da Rúa de Abaixo regresan con cinco días de celebracións e homenaxe ao cinema

Do 3 ao 7 de setembro o Barrio das Marías acollerá obradoiros, música tradicional, pregón, sesión vermú e actividades infantís
As Festas da Rúa de Abaixo regresan con cinco días de celebracións e homenaxe ao cinema
A edición de 2025, organizada pola Asociación Veciñal As Marías, estará dedicada ao mundo do cinema e contará con actividades para todos os públicos. Foto de arquivo

As afamadas festas da Rúa de Abaixo, hoxe coñecida como Rúa do Espírito Santo, regresan esta semana a Compostela cun programa que se prolongará do 3 ao 7 de setembro. A edición de 2025, organizada pola Asociación Veciñal As Marías, estará dedicada ao mundo do cinema e contará con actividades para todos os públicos.

 

Obradoiros, cinema e cantos de taberna

O mércores 3 abrirase a programación cun obradoiro de cabezudas ás 18.00 horas e unha sesión de cinema infantil ás 21.00. O xoves 4 a festa trasladarase aos bares do barrio cos cantos de taberna a cargo de varios grupos.

 

Foliada, pregón e sesión vermú

O venres 5 será a quenda da noite de música tradicional, que reunirá a Silva Redonda e Faíscas da Pontagra a partir das 22.30 horas na propia rúa.

 

O sábado 6 a xornada arrincará con alboradas e charanga, unha volta ciclista popular en colaboración con Composcleta (12.00 horas) e o pregón de Adriana Pérez Villanueva, veciña vinculada ao barrio e profesional do audiovisual galego. A continuación celebrarase a tradicional sesión vermú con Eva e Camilo, seguida dun xantar popular con polbo e empanadas.

 

Xa pola tarde terá lugar o bingo musical (17.00 horas), o xogo Ferro a fondo! para a rapazada (18.30 horas) e o concerto infantil de Cé Orquestra Pantasma (19.30 horas). A noite reservará espazo para concertos e para o popular “Baile do faroliño”, un dos momentos máis agardados das festas.

 

6913333
 

 

Domingo de clausura

O domingo 7 pecharán as celebracións co campeonato de chave (11.00 horas, na Rúa dos Basquiños nº 2) e o concerto da Banda de Música de Visantoña (13.00 horas) na fonte da Rúa de Abaixo.

 

Estas xornadas, que xa son unha cita marcada no calendario festivo do Barrio das Marías, aspiran a converter unha vez máis a rúa nun punto de encontro veciñal, mesturando tradición e novas propostas culturais.

As Festas da Rúa de Abaixo regresan con cinco días de celebracións e homenaxe ao cinema

Te puede interesar