O ADB Fontiñas coróase de novo

O ADB Fontiñas Balidea coróase campión da Liga Norte de Segunda división feminina nunha gran final ante Sagrado Corazón Corazón (51-63)
O ADB Fontiñas coróase de novo
As xogadoras, tras conseguir a vitoria

O pasado Domingo o ADB Fontiñas Balidea acadou un novo éxito para o club ao proclamarse campión da Liga Norte de Segunda División Feminina por primeira vez na súa historia. O partido, xogado na cidade da Coruña fronte ao A.X. Sagrado Corazón de Lugo, rematou cun 51 – 63 a prol do equipo santiagués.

 

 

Crónica

O partido comezou con moita intensidade por parte de Sagrado Corazón e falta de acerto de Fontiñas, asinando un primeiro cuarto de claro dominio lucense (19-12). Con todo, a reacción non tardou en chegar e no segundo cuartoo ADB Fontiñas Balidea foi capaz de axustar a súa defensa, comezando a impoñer o seu ritmo rápido e sumando puntos fáciles, o que rebaixou a distancia a tan só 3 puntos ao descanso.

 

Na segunda metade o ADB Fontiñas mantivo a dinámica positiva. Cunha gran circulación de balón e un moi bo ataque, lograron un terceiro cuarto case perfecto, só embazado por un ultimo minuto nos que encaixaron 6 dos 12 puntos do cuarto. Chegados ao último cuarto, a dinámica seguía sendo positiva para Fontiñas, controlando perfectamente o ritmo do partido, para selar o triunfo final por 51-63.

 

 

Un título que consolida ao equipo

Con esta vitoria o ADB Fontiñas Balidea continúa amosando o seu potencial, despois de ser xa primeiras nos dous grupos de liga durante as fases previas. O seguinte paso do equipo é agora unha Final Four que as enfrontará nas semifinais contra o C.B. Apostol Santiago de Vigo. No caso de gañar as semifinais acadará a final da liga e tamén permitirá ao equipo xogar o play off de ascenso.

 

Este campionato súmase ao xa acadado polo equipo zonal masculino fai dúas semanas, o que amosa o incrible estado de forma do ADB Fontiñas. A maiores deste éxito do primeiro equipo da sección feminina, nestes momentos tanto o equipo zonal como o autonómica están xogando as súas respectivas fases de ascenso.

 

 

Por último, a Xunta Directiva do ADB Fontiñas quere trasladar o seu agradecemento ás máis de 50 persoas que se desprazaron para acompañar ás nosas xogadoras até á Coruña. Sen o seu apoio a vitoria tería sido moito máis complicada.

 

Ficha técnica

  • ADB Fontiñas: Carol (7) Ro (8) Maria Acebo (18) Laia (2) Caneda (2) Cris (4) Estela (4) Adriana (14) Maria Torres (4).
  • Sagrado Corazón: Elsa (10) Cristina (5) Marta (-) Nuria (-) Maria (-) Sabela (2) Tatiana (3) Carla (6) Uxia (25) Helena (-)

O ADB Fontiñas coróase de novo

Te puede interesar