Unha rapaza que quedou para sempre atrapada na cultura adolescente americana dos oitenta. Así é como se define Antía Lameiro, unha veciña de Compostela de 24 anos que impresiona nas redes sociais coas súas coleccións de moda, compostas por pezas deseñadas e confeccionadas por ela mesma e que reflicten un estilo persoal propio pero baseado na estética dos clásicos filmes estadounidenses.
Antía estudou Publicidade e Relacións Públicas, mais a súa vida deu un xiro cando unha mestra da carreira lle descubriu a existencia do mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda, que agora cursa. A moda sempre estivo na súa vida, vía desfiles, era activa en aplicacións… pero víaa como un mundo complicado, pouco accesible.
Ao rematar o instituto, o único que tiña claro é que quería estudar comunicación, especificamente algo vinculado co deseño gráfico: “recuerdo no saber que estudiar y de repente decir, es que necesito algo creativo. Me gusta el cine, la fotografía, la cultura en general que me aporte algo. Y yo soy una persona curiosa y creativa”, indica Antía. De aí que se decantara pola publicidade.
Asevera que disfrutou coa carreira, mais sentía que lle faltaba algo: “me gustaban muchas cosas pero realmente no sabía cuál era mi lugar. Ahora, desde que entré en moda vivo intensamente el proceso, me llena el corazón esto”, explica.
Me gustaban muchas cosas pero realmente no sabía cuál era mi lugar. Ahora, desde que entré en moda vivo intensamente el proceso, me llena el corazón esto
Os comezos non foron sinxelos, ao tratarse dun campo novo para ela xa que “era una estudiante de publicidad que nunca había tocado una máquina de coser y que de repente, de un día para otro, debía preparar su primera colección”. Ela, fiel á súa identidade, decidiu basearse en elementos que lle gustaban e que modelaban a súa personalidade.
Take ILY foi a primeira das coleccións que preparou Antía Lameiro, hai case un ano. Lembra á estética college estadounidense, froito “de esa Antía que veía películas con su madre, como La venganza de los nerds o Grease”. Con ela quixo representar o “cliché romántico americano dos filmes clásicos”, centrándose no amor romántico “más cuidado, cuqui, juvenil”, explica.
Foi durante o proceso de elaboración desta primeira colección cando medrou nela a idea de mover o seu proxecto e dalo a coñecer. No Colexio Maior Fonseca do campus sur sacou as fotografías que logo conformarían un libro que recompila os seus deseños. A maiores, abriu unha conta de Instagram, Ant Studio (@ant______studio) para difundir “una obsesión personal que fue más allá y que se transmite en mis proyectos actuales”.
Despois viría Teen League, a colección que sacou en xuño do pasado ano e que, aínda que segue o fío da anterior, a diferencia na estética é importante. Xa se nota o perfeccionamento nas técnicas de deseño e confección, así como unha evolución nas ideas: “Teen League es la ida de olla, es como el cliché máximo de la mentalidad de un adolescente masculino en los 80. Plasmo lo que para mi cabeza es lo que pasa cuando entras en el primer año de la universidad y se te va la cabeza”, manifesta Antía.
“Busco llegar a personas, da igual la edad, que se sientan identificadas con mi forma de pensar. Yo me considero unha chica con la mente por siempre adolescente” indica Antía en referencia ao fío condutor das súas coleccións. “Mi madre me dice, me pondría esta chaqueta que hiciste porque me recuerda al insti. Y yo creo que esa es la clave, lo que pretendo conseguir, rememorar un momento que ya no existe”, prosigue.
Mi madre me dice, me pondría esta chaqueta que hiciste porque me recuerda al insti. Y yo creo que esa es la clave, lo que pretendo conseguir, rememorar un momento que ya no existe
Non ten dúbidas co camiño que quere seguir. Hoxe traballa cunha estética que a representa e coa que se sente cómoda: “me considero una persona creativa, mi cerebro no para, y ahora estoy a tope con la estética college, me gusta porque siento que es yo y mi personalidad. Quiero mostrarlo, que la gente entienda lo que pasa en la cabeza de una chica de 24 años que de repente estudia moda. Y bueno, también me gustaría que sirviese de referencia para personas que hayan estudiado lo mismo que yo antes. Que digan, esta chica hace esto y mola”.
Na súa conta de Instagram, na que está preto dos 4000 seguidores, prepara o escaparate para esas ideas feitas realidade, de momento no marco do seu transcurso académico, aínda que non descarta traballar para levalo máis alá e convertelo nun proxecto máis grande ou nunha marca. Dado que se basea moito na moda dos 70 e 80 busca chegar a xente que teña vencello con esa etapa, pero asevera que incluso hai xente da súa idade que recoñece que é unha estética que segue viva.
Se tivera que trasladar os seus conceptos creativos ás tendencias de moda actuais, considera que non tería moita complexidade: “si vas a las tiendas típicas siempre vas a ver una chaqueta tipo beisbolera, un pantalón deportivo… Mis trabajos actualmente tienen un punto más artístico, pero creo que sería fácil encaminarlos a ropa vendible que alguna persona pueda comprar”, explica.
Porque Antía xa ten ganas de incorporarse ao mundo laboral. Agora está centrada en elaborar o seu traballo de fin de mestrado, unha colección de 10 estilismos que falarán dela e da súa propia marca. Co TFM pretende mostrarse a empresas, deseñadores, persoal creativo… todo o que poida darlle unha oportunidade.
Cando se lle pregunta sobre se quere traballar na casa ou fóra amósase moi aberta: “a mí desde el inicio del máster se me plantó la idea de irma a Estados Unidos, ya que lógicamente por el tipo de trabajo que hago lo idealizo. Pero no me disgustaría quedarme aquí. Lo que quiero es estar en un sitio donde pueda aportar, donde me sienta valorada y donde mis ideas funcionen bien”, expresa.
Non hai dúbida de que Antía Lameiro é unha persoa creativa, con moitas ideas e, sobre todo, valente, o que demostra o feito de optar por un camiño novo para ela como era a moda. Cre que é un campo que impón: “en el instituto te encaminan a lo tradicional, y parece que lo creativo da miedo. ¿Y si no soy capaz de ser una persona que genere ideas? El mundo de la moda lo conoce todo el mundo, pero lo vemos lejano por sus propias características”, reflexiona. Ela é o exemplo de que, con perseveranza e sobre todo con ganas e paixón polo que un fai, todo é posible.