Así será a Gran Verbena de Santo Isidro de Rois | Programación, horarios e actividades

Así será a Gran Verbena de Santo Isidro de Rois | Programación, horarios e actividades
Festa de Santo Isidro

O campo da festa de Rois acolle este venres 16 de maio unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo do municipio. A gran verbena de Santo Isidro contará coa actuación da histórica Charleston Big Band, que celebra este ano o seu 40 aniversario, e da discoteca móbil La Mega CDC, líder nas noites festivas de Galicia. A continuación, a programación completa:

 

Xoves 15 de maio – Homenaxe a Santo Isidro e xantar popular

  • Hora: A partir das 12:00 horas
  • Lugar: Polideportivo dos Dices, Rois

 

Actividades: 

  • Homenaxe Santo Isidro Labrador a Ramón e Clara Abalo polo seu labor no mundo da camelia.
  • Pregón a cargo da escritora roisense María Losada Vázquez.
  • Xantar popular, no que participarán centos de veciños e veciñas.

 

Orquestas Santo Isidro Cartel 2025 FB (1)
 

 

Venres 16 de maio – Gran Verbena de Santo Isidro

  • Hora: A partir das 23:00 horas
  • Lugar: Campo da festa de Rois

 

Actividades:

  • Charleston Big Band, unha das formacións máis icónicas das verbenas galegas, que celebra este ano o seu 40 aniversario. A súa traxectoria está marcada pola evolución constante, a incorporación de voces recoñecidas e unha posta en escena impecable.
  • La Mega CDC, a discoteca móbil líder nas noites de festa en Galicia, coñecida polas súas actuacións cargadas de luz, son e espectáculo visual.

 

Servizos dispoñibles:

  • Aparcadoiro gratuíto: habilitado nas inmediacións do recinto para facilitar o acceso.
  • Cantina: servizo de bebidas e comida para os asistentes.
  • Punto Lila: operativo de 00:00 a 03:00 horas para garantir un espazo seguro e libre de violencia machista e comportamentos discriminatorios.

Así será a Gran Verbena de Santo Isidro de Rois | Programación, horarios e actividades

Te puede interesar