Moncho Iglesias Míguez guía aos lectores por un paseo por África coa súa obra "Baobab" (Editorial Tempo Galiza), un fotopoemario que xunta as letras e imaxes para sumerxir así a aqueles que desexan emprender esta viaxe. Esta obra será presentada mañá, xoves 18 de setembro, ás 19.00 horas na libraría Pedreira. O autor non acudirá só a cita, senón que estará acompañado pola escritora Andrea Nunes e contará cunha actuación musical.
A obra está conformada por 85 fotografías do autor acompañadas por poesía que conforma unha lectura que remata por converterse nun roteiro por un continente para moitos descoñecido.
Segundo descibre o propio autor, "Baobab" trátase dun paseo por África, "nuncha lectura das fronteiras que navegan as augas de ríos, lagos, mares e oasis, e que o visionamento dunha historia contada en ladaíñas de silencios e baerros. É un mapa debuxado con pasaportes que buscan visados cos que espertar de travesías deseñadas coas físgoas dos calzados que aínda non tiveron pé e, así a todo, xa confesan colleitas de insultos e adubo".