Boqueixón e Vedra prepáranse para acoller a festa do fútbol base con máis de 250 nenos

O evento, que se celebra o sábado 17 de maio, reunirá a doce equipos das comarcas de Santiago, Deza, Tabeirós e Ourense nos campos municipais de O Coto, Manuel Silva e O Forte
Boqueixón e Vedra prepáranse para acoller a festa do fútbol base con máis de 250 nenos
A presentación do evento tivo lugar onte

A paixón polo fútbol base vivirá unha nova festa este 17 de maio coa celebración da terceira edición do Torneo de Fútbol 11 Sub-12 da Escola Deportiva Vedra-Boqueixón. Máis de 250 rapaces e rapazas daranse cita nos campos municipais de Vedra e Boqueixón nunha xornada que promete emoción, deporte e valores.

 

TorneoFutbol2
 

 

O torneo foi presentado polos alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e de Vedra, Carlos Martínez, que destacaron o impacto positivo desta cita tanto a nivel deportivo como educativo. A competición, organizada pola ED Vedra-Boqueixón, reunirá arredor de 12 equipos procedentes das comarcas de Santiago, Deza, Tabeirós-Terra de Montes e Ourense, que competirán nos campos de O Forte, O Coto e Manuel Silva.

 

Entre os equipos participantes figuran referentes do fútbol base como o SD Compostela, CD Conxo Santiago, Victoria FC ou Ourense CF, ademais de escolas locais como a anfitrioa Vedra-Boqueixón e outros clubs como Amio SD, SD Cacheiras ou SD Touro.

 

 

O formato do torneo divide a xornada en dúas fases: unha primeira rolda de liguiña por grupos durante a mañá e unha fase eliminatoria pola tarde, co obxectivo de que todos os equipos disputen como mínimo cinco encontros. A final disputarase en dous tempos de 25 minutos e determinará o campión desta terceira edición.

 

 

O evento conta coa colaboración dos concellos de Vedra e Boqueixón e o apoio da Real Federación Galega de Fútbol, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e a Fundación Deporte Galego, entre outros. Ademais, a cita promoverá valores como o respecto, a igualdade e a vida activa, grazas a campañas como “Galicia Saudable” ou “Non á violencia de xénero”.

Boqueixón e Vedra prepáranse para acoller a festa do fútbol base con máis de 250 nenos

Te puede interesar