Catro deportistas de Ames competirán no Campionato de España de Patinaxe Artística

Despois de dúas intensas xornadas, os patinadores Inés Peña, Jorge Sanmartín, Antía Lourido e Hugo Bercero conseguiron clasificarse para o Campionato de España de Patinaxe Artística, que se celebrará en Zaragoza do 1 ao 7 de xullo
Catro deportistas de Ames competirán no Campionato de España de Patinaxe Artística
Inés Peña e Jorge Sanmarttín

A pasada fin de semana celebrouse en Gondomar o Campionato Galego de Patinaxe Artística, no que participaron tres clubs con representación amesá. Despois de dúas intensas xornadas, os patinadores Inés Peña, Jorge Sanmartín, Antía Lourido e Hugo Bercero conseguiron clasificarse para o Campionato de España de Patinaxe Artística, que se celebrará en Zaragoza do 1 ao 7 de xullo.

 

O 18 e o 19 de maio tivo lugar no pavillón de Donas, en Gondomar, o Campionato Galego de Patinaxe Artística. A xornada do sábado foi a quenda dos programas curtos, onde hai que facer un máximo de seis elementos obrigatorios, mentres que o domingo estivo adicado aos programas longos, onde as patinadoras e patinadores teñen máis liberdade á hora de executar os seus elementos técnicos.

 

O club amesán Sarela Patinaxe acudiu á cita con Jorge Sanmartín e Inés Peña, que competiron na categoría júnior, e con María Peña, na categoría sénior. Nesta competición, Inés Peña ascendeu ata a primeira posición da clasificación, proclamándose así campioa galega da máxima categoría da patinaxe artística. Pola súa banda, Jorge Sanmartín acadou o podio da súa categoría, clasificándose en terceira posición. María Peña, logo de pelexar o seu programa longo, proclamouse sexta de Galicia na categoría sénior.

 

Inu00e9s Peu00f1a e Jorge Sanmartu00edn
Inés Peña e Jorge Sanmarttín

 

 

Con resultados acadados a pasada fin de semana, Inés Peña e Jorge Sanmartín clasificáronse para o Campionato de España, o que supón a segunda participación consecutiva do CP Sarela nesta competición.

Pola súa banda, o club Omega, tamén de Ames, competiu con catro patinadoras. En categoría júnior, participou Irene Enríquez, que acadou a quinta posición, mentres que en categoría cadete competiron Alicia Lariño (que acadou a sexta posición), Thalía Rama (11ª) e Julia Montes (13ª).

 

Ademais, participaron en dito campionato, Antía Lourido e Hugo Bercero, veciña e veciño de Ames, que pertencen ao club Ágora Boqueixón. Este club participou no campionato galego con tres patinadores en distintas categorías: Hugo Bercero, na categoría xuvenil masculino; Antía Lourido, na categoría júnior feminino; e Raúl Sánchez, na categoría cadete masculino. Os tres conseguiron clasificarse para o campionato nacional que se celebrará no verán.

Antu00eda Lourido e Hugo Bercero e Raul Sanchez
Antu00eda Lourido e Hugo Bercero e Raul Sanchez 

 

 

No caso de Antía, que acadou o bronce na súa categoría, e de Raúl, que se proclamou subcampión galego, esta será a cuarta vez que participen nun Campionato de España, consolidando as súas traxectorias deportivas dentro da elite do patinaxe artístico nacional.

Catro deportistas de Ames competirán no Campionato de España de Patinaxe Artística

Te puede interesar