A edición número 22 do Encontro Universitario de Danza chega un ano máis a Santiago.
Os días 15 e 16 deste mes ás 20.30 horas, o Teatro Principal acollerá a presentación das compañías de danza das universidades de Vigo, A Coruña e, por suposto, a propia USC.
Os espectáculos, baixo o título de ‘E todo o demais non importa’ e ‘Migracións’, serán de acceso libre e gratuíto para todas as persoas interesadas.