Chichalovers, o restaurante santiagués que revoluciona o bocata tradicional

Chichalovers, o restaurante santiagués que revoluciona o bocata tradicional
A chef do mes, Begoña Vázquez, na presentación da súa creación. Foto de Alberte Peiteavel

A só uns metros da Porta do Camiño e cun aroma a tradición reinventada, Chichalovers leva meses collendo forza entre os amantes da comida galega cunha idea tan sinxela como orixinal: reivindicar o chicharrón de sempre, pero con mirada contemporánea. O seu formato takeaway, a coidada presentación e a aposta por ingredientes de proximidade convertérono nun dos locais con máis personalidade da cidade.

 

Dende novembro, o equipo de Chichalovers puxo en marcha “O Bocata do Chef”, unha proposta gastronómica de edición limitada que chega agora ao seu ecuador cun éxito consolidado. A idea é tan atractiva como saborosa: cada mes, un cociñeiro ou cociñeira galega elabora un bocata exclusivo a base de chicharrón, combinando creatividade, respecto pola tradición e compromiso coa sustentabilidade.

 

O nome do chef convidado mantense en segredo ata o día da presentación, e a súa receita —que permanece na carta só durante trinta días— é sempre unha reinterpretación sorprendente do bocadillo tradicional. Pola cociña de Chichalovers xa pasaron nomes como Iván Domínguez, Eva Guzmán, Brisa Medina ou Carlos Insua, cada un deixando a súa pegada nunha creación que mestura sabor, vangarda e identidade. Agora, é a quenda de Begoña Vázquez, do restaurante Regueiro da Cova. 

 

Nós xa puidemos probar a súa creación. Así é como sabe: 

 

 

Chichalovers, o restaurante santiagués que revoluciona o bocata tradicional

Te puede interesar