A Cidade da Cultura acolle unha nova xornada de 'O Camiño do Emprendemento Musical' para impulsar o talento xuvenil

Máis de dez profesionais do sector participaron en catro charlas-coloquios para compartir experiencias e fomentar o emprendemento musical entre a mocidade galega
A Cidade da Cultura acolle unha nova xornada de 'O Camiño do Emprendemento Musical' para impulsar o talento xuvenil
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, a directora xeral de Xuventude, a directora xeral de Promoción da Igualdade e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe na nova xornada da iniciativa na Cidade da Cul

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este venres unha nova xornada do proxecto O Camiño do Emprendemento Musical, unha iniciativa organizada por Wake Up co apoio da Xunta de Galicia, a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, e da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). No evento participaron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses; a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana; e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.

 

O obxectivo deste proxecto é instruír, mentorizar e apoiar ás mozas e mozos galegos que queiran desenvolver a súa carreira profesional no eido musical e de eventos, mediante unha combinación de eventos presenciais e mentorías personalizadas. Durante a xornada, máis de dez profesionais do sector, entre artistas, promotores, técnicos e persoal de comunicación, compartiron as súas experiencias en catro charlas-coloquios: Como iniciar tu proyecto musical, Un festival desde dentro, Nuevos retos y desafíos de la industria musical e Galicia tierra de emprendimiento musical.

 

Esta cita en Santiago súmase ás sesións celebradas previamente en marzo na Coruña e en abril en Vigo, no marco dunha iniciativa que conta co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O proxecto enmárcase no compromiso estratéxico do Goberno autonómico para fomentar o emprendemento xuvenil e dinamizar o tecido económico galego, apostando por proxectos innovadores que xeren riqueza e oportunidades laborais no territorio.

A Cidade da Cultura acolle unha nova xornada de 'O Camiño do Emprendemento Musical' para impulsar o talento xuvenil

Te puede interesar