A Cidade da Cultura convértese en foro para repensar o modelo construtivo en Galicia

A Xunta e o Clúster da Construción de Galicia promoven esta cita para abordar os retos e oportunidades do sector, coa mirada posta na sustentabilidade, a dixitalización e o emprego cualificado
A Cidade da Cultura convértese en foro para repensar o modelo construtivo en Galicia
Un dos pratos fortes da xornada será a intervención do recoñecido arquitecto austríaco Hermann Kaufmann

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas celebrará este martes, 17 de xuño, na Cidade da Cultura de Galicia, unha xornada centrada na promoción da construción industrializada, unha fórmula construtiva que gaña peso pola súa eficiencia, sustentabilidade e capacidade de resposta ás novas demandas habitacionais.

 

O encontro, que se enmarca no Plan de Acción para o impulso da construción industrializada en Galicia, conta coa colaboración do Clúster da Construción de Galicia e da Axencia Galega da Industria Forestal, e estará aberto por parte da conselleira María Martínez Allegue, a partir das 10.40 horas.

 

 

Hermann Kaufmann, relatorio maxistral dun referente mundial

Un dos pratos fortes da xornada será a intervención do recoñecido arquitecto austríaco Hermann Kaufmann, especialista en arquitectura sostible e deseño con madeira, que ofrecerá ás 11.10 horas o relatorio maxistral titulado Construción industrializada: clave para o futuro. Kaufmann, fundador do estudo HK Architekten, foi catedrático en Múnic e profesor visitante en diversas universidades europeas.

 

Antes da súa intervención, ás 10.55 horas, o presidente do Clúster da Construción de Galicia, Diego Vázquez Reino, presentará a súa visión sobre a adopción da industrialización no sector construtivo galego.

 

Unha mesa redonda con voces clave do sector

A xornada culminará cunha mesa redonda (12.00 horas) que abordará as Sinerxías para a industrialización en Galicia, coa participación de representantes institucionais e profesionais do sector:

  • Heriberto García Porto, secretario xeral de Vivenda e Urbanismo da Xunta
  • Alfredo Fernández Ríos, director da Axencia Galega de Industria Forestal
  • Daniel Hermosilla Hermida, vicepresidente de Galicia Constrúe
  • Luciano González Alfaya, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia
  • Juan Carlos Mato Méndez, presidente do Colexio de Arquitectos Técnicos da Coruña

 

O debate estará moderado por Diego Freire, directivo de Galicia Constrúe.

A Cidade da Cultura convértese en foro para repensar o modelo construtivo en Galicia

Te puede interesar