Compostela celebra a arte e a emoción da man do festival cultural Escenas do Cambio

Santiago acolle esta fin de semana unha decena de espectáculos que homenaxean a expresividade
Compostela celebra a arte e a emoción da man do festival cultural Escenas do Cambio
Momento do espectáculo 'Rabaño Sinfónico'

A chuvia e a climatoloxía adversa non frean a produción cultural e as inquedanzas artísticas da capital galega. Ao contrario, semella que, como lles acontece  ás follas, o vento impulsa e traza a traxectoria do seu movemento.


Movemento, música e a combinación harmónica de ambas. Iso é Compostela, polo menos, ao longo desta fin de semana, na que a cidade será en si mesma unha homenaxe á arte de expresarse.


É a proposta de Escenas do Cambio, un festival cultural promovido pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura que, desde hoxe ás 13.00 horas e ata o domingo pola noite, explorará as posibilidades comunicativas da palabra, o son e o corpo.

 

Escenas do cambio
Cartel de Escenas do Cambio


O evento inaugural será ‘O corpo que se fai imaxe’, un espectáculo de António Gonçalves que ofrece unha transgresora visión do impacto que xeran as imaxes na nosa sensibilidade.


Xa pola tarde, arredor das 19.45 horas, destaca ‘Millo Vello’ coa súa proposta performativa que practica un interesante regreso á sabedoría ancestral.


Mañá, un dos pratos fortes será o ‘Rabaño Sinfónico’ de Moon Ribas e Quim Girón.

 

Rabau00f1o sinfu00f3nico
Rabau00f1o sinfu00f3nico


Esta cita ao aire libre invita a cada espectador a camiñar, bailar e deformar coreografías mentres portan un altofalante que invoca o sentido máis gregario da especie humana.


A clausura do festival virá da man da compañía teatral vasca ‘La intrusa’ o domingo ás 21.00 horas.
A través de ‘Prusik’, Virgina García e Damián Muñoz coordinan a unha tribo que tentará asaltar o Edén para recuperalo.


‘O corpo que se fai imaxe’, ‘My neighbor Sky’, ‘Phone’ e ‘Remix X’ serán de acceso gratuíto. As demais funcións teñen un prezo de 9 euros. 

Compostela celebra a arte e a emoción da man do festival cultural Escenas do Cambio

Te puede interesar