O parque do Romaño e o centro Maruxa e Coralia acollen cine ao aire libre para despedir o mes de xullo

As sesións celebraranse o 29 e 30 de xullo nos centros socioculturais Maruxa e Coralia e do Romaño, con entrada libre e contido para todos os públicos
O parque do Romaño e o centro Maruxa e Coralia acollen cine ao aire libre para despedir o mes de xullo
Cine no Maruxa e Coralia

O ciclo Compostela máis Solidaria, impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Unidade de Atención ás Migracións (UAMI) do Concello de Santiago, chega ao seu final cunha proposta lúdica e reivindicativa: dúas sesións de cinema ao aire libre dirixidas a todos os públicos e cun marcado acento social.

 

A actividade desenvolverase o 29 de xullo ás 18:30 horas no xardín interior do centro sociocultural Maruxa e Coralia (en pleno Casco Histórico) e o 30 de xullo ás 20:00 horas no parque do Avío de Abaixo, ao carón do centro sociocultural do Romaño-Vistalegre. Ambas sesións terán entrada de balde e contarán cunha alternativa interior en caso de choiva.

 

Curtametraxes para reflexionar en familia

A proposta audiovisual inclúe unha selección de curtametraxes para todas as idades, escollidas por Solidariedade Internacional de Galicia, coa intención de achegar o público a realidades vinculadas aos dereitos humanos e á solidariedade, como o acceso á auga, as migracións ou o traballo digno.

 

Cada proxección terá unha duración aproximada de 45 minutos e incluirá breves intervencións explicativas que contextualizan as pezas audiovisuais. A programación adaptarase ao perfil de idade das persoas asistentes, polo que o contido final terá un compoñente de sorpresa.

O parque do Romaño e o centro Maruxa e Coralia acollen cine ao aire libre para despedir o mes de xullo

Te puede interesar