O Concello activa subvencións de ata 18.000 euros para clubs federados composteláns

O Concello activa subvencións de ata 18.000 euros para clubs federados composteláns
Cada entidade poderá optar a unha contía máxima de 18.000 euros, e o prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais

O Concello de Santiago abre este sábado o prazo para solicitar as subvencións destinadas ao fomento do deporte federado, cun orzamento total de 330.000 euros. As axudas, aprobadas pola Xunta de Goberno local o pasado 30 de xuño e publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, buscan apoiar economicamente ás entidades deportivas locais que compiten en ligas oficiais autonómicas e nacionais.

 

Cada entidade poderá optar a unha contía máxima de 18.000 euros, e o prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais, a través da sede electrónica municipal, mediante o formulario oficial CS006F, dispoñible no trámite “Solicitude de subvención”.

 

Quen pode acceder ás axudas?

As subvencións están dirixidas ás entidades deportivas que cumpran os seguintes requisitos:

 

  • Participar en competicións oficiais federadas.
  • Ter sede social no municipio de Santiago de Compostela.
  • Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
  • Non poderán optar a estas axudas:
  • Entidades que teñan un convenio nominal co Concello.
  • Equipos de fútbol sala que compiten a nivel local, interzonal ou provincial.
  • Equipos de fútbol veterano.

 

Gastos que serán subvencionables

O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 20 de outubro de 2025 e cubrirá parcialmente gastos como:

 

  • Licenzas federativas e mutualidades.
  • Desprazamentos fóra do municipio para competicións oficiais.
  • Aloxamento e manutención de equipos e deportistas vinculados co calendario oficial.
  • Arbitraxes das competicións federativas.
  • Material deportivo non inventariable, como balóns ou equipacións, cun límite máximo de 3.000 euros.
  • Alugueiro de instalacións deportivas para adestramentos e competicións.
  • Gastos médicos e seguros de responsabilidade civil ou accidentes.

O Concello activa subvencións de ata 18.000 euros para clubs federados composteláns

Te puede interesar