O Concello licita por 630.000 euros as obras de urbanización exterior da Plataforma Loxística de Santiago

A actuación permitirá mellorar os accesos e servizos do centro de intercambio de mercadorías no Tambre Norte, segundo explicou a concelleira Míriam Louzao tras a Xunta de Goberno
O Concello licita por 630.000 euros as obras de urbanización exterior da Plataforma Loxística de Santiago
A beirarrúa, que será de formigón coloreado, conectarase coa senda peonil prevista entre o Polígono do Tambre e o Centro Sociocultural da Gracia

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o expediente para a licitación das obras de urbanización exterior da Plataforma Loxística de Santiago, cun orzamento base de 629.181,26 euros. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Urbanismo, Míriam Louzao, quen destacou que a actuación responde ás condicións recollidas no Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para o sistema xeral SU3 (Tambre Norte), aprobado en pleno o 11 de outubro de 2023.

 

Segundo explicou, o proxecto contempla a adecuación viaria e a integración da infraestrutura co contorno, co obxectivo de garantir unha conexión fluída e funcional co sistema viario e coas redes de servizos.

 

Mellora de accesos e novos servizos

A intervención inclúe a construción dunha glorieta na confluencia entre a Vía de La Cierva e o eixo principal da plataforma, así como a ampliación da calzada, que contará con dous carrís de 3,5 metros, beiravía de 0,5 m e zona de estacionamento e beirarrúa pola marxe dereita. O ancho total da plataforma acadará os 12 metros.

 

A beirarrúa, que será de formigón coloreado, conectarase coa senda peonil prevista entre o Polígono do Tambre e o Centro Sociocultural da Gracia, aprobada en setembro de 2024.
 

Ademais, a obra contempla infraestruturas básicas como a rede de saneamento separativa, abastecemento, canalización eléctrica e telecomunicacións.

O Concello licita por 630.000 euros as obras de urbanización exterior da Plataforma Loxística de Santiago

Te puede interesar