O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela converterase esta fin de semana no epicentro da música de vento en Galicia coa celebración das primeiras Xornadas da Trompa de Galicia, unha proposta pioneira impulsada pola Asociación da Trompa de Galicia (ATroGal).
As xornadas terán lugar os días 27 e 28 de xuño, cun horario intensivo que se estenderá de 09.30 a 22.30 horas, e están dirixidas a trompistas de todas as idades e niveis, co obxectivo de compartir coñecementos, experimentar con novos instrumentos e fomentar a paixón por este instrumento dentro e fóra do ámbito académico.
Durante os dous días haberá clases individuais e colectivas de trompa, así como obradoiros especializados, exposicións de instrumentos de diferentes marcas, charlas divulgativas e mesmo xogos musicais para os máis pequenos. Trátase dunha proposta que mestura formación, convivencia e diversión, e que busca poñer en valor o papel da trompa na educación musical galega.
O programa inclúe tamén dous concertos abertos ao público: