O Concello de Santiago vén de comunicar un novo corte nas súas estradas.
Concretamente, trátase do último tramo da rúa das Pedreiras. Este, debido ás obras de construción na nova estación depuradora da Silvouta, permanecerá pechado no lugar máis próximo a actuación.
Este une os lugares de Laraño e Silvouta, polo que desde Raxoi recomendan empregar a AC-542 para desprazarse entre os dous puntos.
A duración do corte estímase que sexa dun ano, tempo no que haberá que usar o percorrido alternativo.