Diego Amoedo reflexiona no Museo do Pobo Galego sobre a construcción do territorio habitado

O antropólogo afondará mañá nas relacións entre identidade, natureza e comunidade no noroeste peninsular e na Amazonía nun faladoiro con coloquio aberto ao público
Diego Amoedo reflexiona no Museo do Pobo Galego sobre a construcción do territorio habitado
Cartaz do faladoiro

Mañá xoves 28 de agosto, ás 19.00 horas, o antropólogo Diego Amoedo Martínez ofrece un faladoiro no Museo do Pobo Galego baixo o nome de "Narrativas á volta da terra-territorio no noroeste peninsular e no centro da Amazonía". A conferencia é de acceso libre ate completar aforo e pecharase cun coloquio aberto para debater conxuntamente sobre estas cuestións.

 

Todos os humanos sinten unha profunda ligazón coa súa terra ou territorio como parte da súa identidade. A territorialidade é un concepto do que se parte para comprender o proceso de construcción de espazos de vida e as súas terras; unha relación que vai máis alá da producción agrícola e que se refire a procesos sensibles que tamén envolven aos non humanos. 

 

Lembramos cita para mañá no #MuseodoPoboGalego!

🗣️Faladoiro "Narrativas á volta da terra-territorio no noroeste peninsular e no centro da Amazonía", a cargo do antropólogo Diego Amoedo. Un convite a reflexionar sobre como se constrúe un territorio habitado.

🕖 Xoves 28, ás 19 h pic.twitter.com/GXecfXx653

— Museo do Pobo Galego (@MuseodoPobo) August 27, 2025

 

 

Nesta conversa, Diego Amoedo invita a reflexionar sobre como se constrúe un territorio habitado: que papel xogan as vacas, os muros construídos, os cultivos que pasaron polas terras ou mesmo as ameazas externas da configuración das terras? Que significan os baldíos como espazos de esperanza comunitaria? Como se viven os conflitos socioambientais e disputas sobre o territorio desde a mirada das persoas que traballan e coidan a terra? 

Diego Amoedo reflexiona no Museo do Pobo Galego sobre a construcción do territorio habitado

Te puede interesar