Medio cento de mozos participan no programa Conecta co Voluntariado en Galicia 2025

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destaca que os participantes “chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
Medio cento de mozos participan no programa Conecta co Voluntariado en Galicia 2025
Foto de familia do secretario xeral cos participantes do programa | Foto: Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, deu este martes a benvida no aeroporto de Santiago de Compostela aos participantes da edición 2025 do programa Conecta co Voluntariado en Galicia, unha iniciativa que promove o reencontro da mocidade galega da diáspora coas súas raíces a través de actividades culturais e medioambientais.

 

Nesta edición, a Xunta ofreceu 50 prazas, o dobre que en anos anteriores. Delas, 40 destináronse a mozos e mozas galegos residentes no exterior e outras 10 a participantes que viven en Galicia, co obxectivo de fomentar a convivencia, o intercambio de experiencias e a creación de redes entre ambas realidades.

 

Imagen de WhatsApp 2025 08 26 a las 10.46.36 f01f3400
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibindo aos participantes do programa | Foto: Xunta

 

Dous campos de voluntariado

O programa desenvolverase ata o 6 de setembro en dúas modalidades. Por unha banda, un campo de voluntariado ambiental na ría de Arousa (Pontevedra), centrado na conservación do espazo mariño e costeiro. Por outra, un campo de voluntariado cultural no castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), no que os participantes colaborarán co equipo de escavación e conservación deste destacado xacemento arqueolóxico.

 

Imagen de WhatsApp 2025 08 26 a las 10.46.36 b483c92a
No programa participarán un total de 50 mozos e mozas galegos | Foto: Xunta

 

Embaixadores da cultura galega

Durante a recepción, Miranda subliñou que “estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura, porque cada paso que dean aquí será tamén unha semente de Galicia alí onde viven”.

 

Con este programa, a Xunta de Galicia consolida unha iniciativa que, ano tras ano, permite á mocidade galega do exterior reencontrarse coa súa identidade ao tempo que contribúe á protección do patrimonio natural e cultural do país.

Medio cento de mozos participan no programa Conecta co Voluntariado en Galicia 2025

Te puede interesar