O Espazo Apego aposta pola diversidade na súa programación de xuño

O Espazo Apego aposta pola diversidade na súa programación de xuño
Imaxe de arquivo dunha actividade organizada polo Espazo Apego

A atención á diversidade será o eixo temático das actividades deste mes no Espazo Apego de Santiago de Compostela. Coincidindo coa recta final do curso escolar e coa chegada do verán, a programación busca fomentar o respecto ás diferenzas e a inclusión, a través de xogos, contos, obradoiros sensoriais e espectáculos de tradición oral.

 

Actividades dos luns: experiencias semanais para crianzas de 2 a 6 anos

Baixo o lema “A lingua medra”, todos os luns de xuño, entre as 17:00 e as 19:00 horas, as crianzas poderán participar en sesións centradas na cociña, a psicomotricidade, a ciencia e a interxeracionalidade:

 

  •  Luns 2: Merendolas con Maruxas de nata
  • Luns 9: Movéndonos con Apego
  • Luns 16: Quen vén? Obradoiro sensorial con froita
  • Luns 23 e 30: Experimentamos

 

 

Tardes de contos para descubrir o mundo a través da palabra

Os martes, en dúas quendas (ás 17:00 h para 0-3 anos e ás 18:15 h para 3-6 anos), celebrarase o espazo “Tardes de contos”, que propón historias arredor dun tema diferente cada semana. As datas programadas son os días 3, 10, 17 e 24 de xuño.

 

Mércores de xogo e creatividade con “Enredando e lingoretando”

As tardes dos mércores, de 17:00 a 19:00 h, están pensadas para xogar, socializar en galego e explorar a contorna. Haberá dous grupos segundo a idade: 0-3 anos con acompañamento e 3-6 sen acompañamento. As actividades previstas son:

 

  • Mércores 4: Xogamos coas palabras
  • Mércores 11: Fabricamos xoguetes
  • Mércores 18: Imos ao patio
  • Mércores 25: Xincana de palabras

 

Xoves de espectáculo con “Tachán!”

Dúas citas especiais completan a programación:

  • Xoves 5 de xuño: Contos con María da Pontragha, unha proposta de tradición oral para nenas e nenos de 3 a 6 anos.
  • Xoves 19 de xuño: Contos a centos, de Paco Nogueiras, con poesía, música e participación activa, para crianzas de 2 a 6 anos.

 

 

Inscrición e prazas limitadas

Todas as actividades requiren inscrición previa mediante formulario web. Os correos de confirmación enviaranse o día anterior ou, no caso das actividades dos luns, o venres previo ao seu desenvolvemento.

O Espazo Apego aposta pola diversidade na súa programación de xuño

Te puede interesar