La madrugada de este miércoles se vivió el desalojo de los estudiantes que, desde hace más de un mes, acampan en instalaciones de la Universidad de Santiago para manifestar su apoyo al pueblo de Palestina y, especialmente, presionar a la institución compostelana para que rompa cualquier tipo de vínculo con empresas y entidades relacionadas con Israel y el sionismo.
A este respecto, el rector, Antonio López, ha hecho pública una carta abierta a los manifestantes y, en general, a toda la comunidad universitaria. El documento es el siguiente:
"O pasado día 10 de maio un grupo de persoas que se identificou como a Asemblea aberta por Palestina ocupou corredores e aulas na Facultade de Xeografía e Historia, ocupación que foi medrando co paso dos días impedindo a celebración de exames na convocatoria de maio.
Este colectivo impediu, o día 31 de maio, a celebración da sesión do Consello de Goberno e volveu interromper a reunión do máximo órgano de goberno da institución este mesmo luns 10 de xuño, cando foi ocupado tamén o edificio da reitoría impedindo, a partir dese momento, a entrada do persoal e o desenvolvemento ordinario de calquera tarefa de goberno ou administrativa do Colexio de San Xerome.
Ante esta situación, e logo de esgotar calquera posibilidade de diálogo co colectivo identificado como Asemblea Aberta por Palestina, comuniquei á Delegación do Goberno a situación co obxectivo de recuperar a convivencia democrática e o funcionamento ordinario da institución. Esta mañá fun informado de que as forzas de seguridade desaloxaron as persoas que estaban ocupando tanto o edificio da Reitoría como o da Facultade de Xeografía e Historia.
O equipo de goberno que dirixo dialogou, sempre que tivo interlocutores, co colectivo da Asemblea para tentar reconducir comportamentos que son inaceptables nun espazo universitario como é o que conforma a nosa comunidade.
A recuperación da actividade ordinaria e o correcto funcionamento dos órganos de goberno serán garantes da posta en marcha dos compromisos adquiridos pola institución a respecto da situación en Palestina. Neste sentido, o Consello de Goberno acordou a creación da Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina, que se constituíu no día de onte e comezou a traballar na proposta de accións concretas.
Debemos practicar a democracia escrupulosamente, respectar a representatividade da comunidade universitaria e continuar a dialogar para, entre todas e todos, dar a mellor resposta á inaceptable situación que está a vivir o pobo palestino."