Santiago de Compostela prepárase para poñer o broche de ouro ao XVI Santiago(é)Tapas. O vindeiro martes, 11 de marzo, a Sala Mozart do Auditorio de Galicia acollerá a entrega de premios deste certame gastronómico, organizado por Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña.
A edición deste ano non só confirmou o éxito da proposta, senón que tamén superou as expectativas, rexistrando un incremento tanto no número de tapas consumidas como nos votos do público. En total, servíronse 30.000 tapas, un aumento considerable respecto ás 25.000 da edición anterior, mentres que os votos válidos acadaron os 12.915, un 25% máis que no 2024.
O traslado do concurso de novembro a febreiro foi unha decisión acertada, permitindo dinamizar o consumo en tempada baixa e consolidando o evento como unha ferramenta clave para a desestacionalización do sector turístico en Santiago de Compostela.
Das 68 creacións gastronómicas presentadas polos 42 locais participantes, estas foron as máis votadas:
Por etapas do concurso, as máis populares foron:
E por volume de consumo, as tapas máis pedidas foron:
Durante o acto de entrega de premios, tamén se celebrará un sorteo especial entre as 12.915 persoas que participaron co seu voto no certame. Ademais, anunciaranse as tapas gañadoras nas seguintes categorías:
Tapa Creativa, Tapa Tradicional e Tapa Doce, con premio de 1000€ e diploma. Mellor Tapa sen Glute, con diploma e un cheque de 200€ en produtos sen glute. Tamén a de Mellor maridaxe con viño e cervexa, elixida polo xurado profesional e premiada con 500€ en produto cortesía de Estrella Galicia e Ponte da Boga.
O evento contará cun acceso limitado a participantes, patrocinadores e entidades colaboradoras, e será un escaparate da excelencia culinaria de Santiago de Compostela.
O XVI Santiago(é)Tapas está organizado por Turismo de Santiago baixo a marca Compostela Gastronómica, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Hijos de Rivera (Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá). Ademais, conta coa colaboración de AGACAL, Mercado de Abastos, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA, Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.