Exixen a reparación inmediata das lousas deterioradas da rúa Alfredo Brañas

Exixen a reparación inmediata das lousas deterioradas da rúa Alfredo Brañas
O estado actual da rúa

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, vén de propoñer que se proceda a substitución inmediata das lousas rotas da rúa Alfredo Brañas, que supoñen un perigo para os peóns que transitan polas mesmas.

 

La edil del PP de Santiago María Baleato en una intervención en un pleno.
A edil popular, María Baleato

 

Baleato subliñou que “esta rúa, o mesmo que outras moitas no resto da cidade, presenta un estado de abandono moi evidente, onde conviven beirarrúas cheas de lousas rotas, sen limpar, cos baixos dos bancos verdes de mofo ou cos pavimentos en mal estado, entre outros desperfectos”.

 

 

Así mesmo, a edil popular remarcou que as nosas veciñas e veciñas tamén soportan desniveis importantes, unha constante en todas rúas do Ensanche; e escavas sen recortar e cheas de cabichas“.

 

 

Finalmente, María Baleato destacou que “todas as rúas do Ensanche, en maior ou menor medida presentan deficiencias, pero no caso de Alfredo Brañas a substitución das lousas é unha necesidade inaprazable”.

Exixen a reparación inmediata das lousas deterioradas da rúa Alfredo Brañas

Te puede interesar