Mañá comeza a popular Feira de Minerais de Área Central

Mañá comeza a popular Feira de Minerais de Área Central
Feira de Minerais de Área Central

Un dos eventos máis esperados do ano volve mañá ao Outlet Área Central. A Feira de Minerais de Santiago chega á súa cita os días 6, 7,8 e 9 de marzo. Durante estes catro días, a mostra dos grandes almacéns de Fontiñas permanecerá aberta. Concretamente, entre as 10.00 e as 21.00 horas. Nela, poderán observarse meteoros, fósiles e todo tipo de elementos de xoiería.

 

Noticia dos alumnos Pedro Rodeiro Jorge e Sara Quintáns Rivas 

Esta noticia foi elaborada polos alumnos gañadores do concurso que organizaron Diario Compostela e o profesorado do CEIP Agro do Muíño no marco da semana da prensa.

 

O centro comercial. Debuxo de Pedro e
O centro comercial. Debuxo de Pedro Rodeiro e Sara Quintáns

 

En grupos, os participantes tiñan que enviar unha nova inédita ao noso xornal. A que mellor se adaptase aos criterios xornalísticos explicados polo coordinador do medio, Eladio Lois, tería o recoñecemento de aparecer publicada na nosa web despois de ser revisada, corrixida e contrastada pola nosa redacción.

 

Tras analizalas todas, a peza enviada polos alumnos Pedro Rodeiro Jorge e Sara Quintáns Rivas, de cuarto de Primaria, é a elixida.

 

Consideramos fundamental fomentar o interese polo xornalismo e a escritura desde a infancia. Non só para espertar a paixón daqueles que elixan dedicarse á prensa, tamén para que medren tendo en conta a importancia de hábitos como contrastar e verificar a información. 

 

Desde Diario Compostela felicitamos a todos os participantes polo seu excelente labor e agardamos celebrar unha nova edición do concurso o ano que vén.

Mañá comeza a popular Feira de Minerais de Área Central

Te puede interesar