Marcas de Memoria Histórica compostelá: "Compostela é Memoria" e "As mil marías"

Os deseños son de Thais Suárez de Sísmica e foron presentados en agosto “porque é un mes que ten un significado moi especial en relación á Memoria Histórica e en relación á memoria colectiva desta cidade e tamén do país”
Marcas de Memoria Histórica compostelá: "Compostela é Memoria" e "As mil marías"
Marca xenérica

Esta mañá presentáronse as marcas institucionais que utilizará o concello de Santiago para as actividades de Memoria Histórica baixo dous lemas: “Compostela é memoria” como marca xenérica e “As mil marías” para as actividades relativas á memoria das mulleres. 

 

A concelleira Míriam Louzao explicou que “para este goberno municipal a Memoria Histórica non está ligada exclusivamente ao golpe fascista de 1936 e á represión, senón que queremos proxectar unha visión moito máis ampla que da historia de loita pola xustiza social en Compostela, en diferentes ámbitos e en diferentes épocas”. Pola súa banda, Thais Suárez explicou que para o deseño das marcas se baseou en simboloxía compostelá para, segundo as súas palabras “facer un traballo de futuro tendo en conta a Memoria e a Historia”. 

As mil maru00edas
Deseño da marca para as actividades relativas á memoria das mulleres

 

Acto institucional en lembranza de Ánxel Casal

En relación ao acto institucional en lembranza de Ánxel Casal, Míriam Louzao anunciou que este ano debido ás obras no Pazo de Raxoi, sairá ao exterior. Así, terá lugar nos soportais da casa consistorial, ás 11h, e como todos os anos, o Concello cursou convite ás corporacións municipais de Teo e Arzúa, co obxecto de visibilizar os lugares que marcaron os momentos finais da súa vida e da súa loita. Tamén se convidará a persoas e entidades que, ao longo do ano, realizan actividades relacionadas coa Memoria en Compostela.

 

Actividades realizadas

A concelleira de Memoria Histórica tamén aproveitou a comparecencia para facer un repaso polo traballo realizado desde a súa e, alén de mencionar o acto institucional en lembranza de Ánxel Casal, tamén sinalou a colocación dun panel onde estivera situada o antigo cárcere franquista de Santa Isabel, as xornadas sobre “O Padroado de protección á muller”, a colaboración co proxecto da AC O Galo “Recuperación, coñecemento e visibilización da Memoria Histórica de Compostela na primeira metade do século XX e na Idade Media”, o acto público para conmemorar o 10 aniversario do pasamento da escritora Begoña Caamaño, referente do sistema literario galego e da literatura feminista de todo o país, as actividades ao redor do centenario do paso de Ruth Matilda Anderson por Compostela ou o nomeamento dunha praza da zona histórica co nome da actriz e referente do teatro galego, Pilar Pereira.

Marcas de Memoria Histórica compostelá: "Compostela é Memoria" e "As mil marías"

Te puede interesar